Page 49 - revista agaca 158_web
P. 49
49
novas
EFA Fonteboa gaña o XXII Premio Aresa
De entre as 13 candidaturas que se presentaran este ano, o
galardón foi para o Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa,
polo seu labor na formación dos futuros profesionais do ámbito
rural.
O reitor da USC, Antonio López, valorou a diversidade das
candidaturas e destacou que EFA Fonteboa «xa fora finalista en
anteriores edicións do Premio e queremos destacar así, nesta
ocasión, a importancia que a formación de profesionais ten
para o desenvolvemento presente e futuro do sector primario,
dos sectores agrícola e gandeiro de Galicia».
O triatleta Javier Gómez Noya
embaixador de Ternera Gallega
O 17 de maio, día das Letras Galegas, o triatleta Javier
Gómez Noya participou, como embaixador de Ternera
Gallega, na oitava edición da carreira Camiño das Letras:
15 quilómetros dende Pico Sacro ata a Cidade da Cultura.
Trátase dunha carreira solidaria patrocinada pola Indica-
ción de Orixe.
Ao remate da carreira, entregou os premios e as persoas
participantes puideron gozar dunha degustación de
produto.
Clusaga convoca os Premios Galicia Alimentación
Por oitavo ano consecutivo, o Clúster Alimentario de
Galicia convoca os Premios Galicia Alimentación co
obxectivo de recoñecer e visibilizar as mellores prác-
ticas en emprendemento, dixitalización, innovación,
sustentabilidade, marketing e internacionalización do
sector, a través de catro categorías: produto innovador,
produto excelente, proxecto empresarial ou institu-
cional e estratexia de mercado.
A traxectoria destes premios remóntase a 2014. Naceron
co foco posto en contribuír a promocionar os produtos
alimentarios e as bebidas, os proxectos e as empresas
e institucións relacionados e mellorar a súa imaxe e posición de maneira que adquiran unha importancia
relevante tanto dentro do sector alimentario, como da sociedade en xeral.
O que se valora son aspectos como a traxectoria empresarial ou asociativa, a transferencia de coñecementos
tecnolóxicos e I+D nos produtos e nos procesos, que melloren a calidade de vida dos consumidores e a
relevancia socioeconómica, o impacto no mercado nacional e internacional ou o carácter innovador dos
mesmos.
Nº 158 Maio 2022