Page 47 - revista agaca 158_web
P. 47
47
novas
Os grelos de Valxestoso, protagonistas dunha nova
cervexa de Estrella Galicia
Estrella Galicia vén de lanzar unha nova cervexa
elaborada cos grelos frescos da cooperativa
Valxestoso, localizada na parroquia de Xestoso, en
Monfero. Trátase dunha edición especial, limitada a
10.000 litros de produto.
Ademais dos grelos frescos, empregaron grelos
deshidratados, estes da cooperativa Milhulloa.
Esta novidade supón o número 18 das edicións
limitadas impulsadas pola cervexeira galega que xa
probou sabores como o polbo, pementos de Padrón,
castañas, percebes, etc.
Agroflor, premiada pola súa traxectoria
Agroflor recibirá este ano o premio á Cooperación, na categoría
de mellor traxectoria, outorgado pola Xunta, a través da Conse-
llería de Promoción do Emprego e Igualdade pola súa contribu-
ción á posta en valor en Galicia do modelo da Economía Social
e a súa contribución ao desenvolvemento social e económico da
comunidade.
A Xunta destacou o bo facer desta cooperativa agraria con sede
no polígono de A Gándara, en Narón, dende o seu nacemento
en 1985, que se dedica ao cultivo e comercialización de flores
ornamentais, plantas e horta e é, na actualidade, a única coope-
rativa deste sector que queda en Galicia. Destaca por favorecer o
acceso da muller ao mundo laboral e polo tratamento de menor
impacto ambiental que lle brinda ás súas plantacións, nas que empregan, por exemplo, funxicidas biolóxicos.
Das sete persoas que integran o consello reitor, seis son mulleres. Ademais traballan para que as novas xera-
cións se incorporen ao sector para evitar o despoboamento rural.
CLUN, exemplo de resiliencia para o
delegado do Goberno
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitou
a factoría de Clesa, en Caldas de Rei (Pontevedra) onde
presentou o contido do Plan Estratéxico de Recuperación
e Transformación do sector agroalimentario aprobado en
febreiro, máis coñecido como Perte agroalimentario, e que
forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resi-
liencia do Goberno.
O delegado do Goberno puxo a CLUN e á factoría de Clesa
como exemplo de como este sector en Galicia: «Soubo o
adaptarse e crecer nun mercado competitivo e tremenda-
mente esixente como é o lácteo, e soubo sobrepoñerse aos
obstáculos».
O presidente da cooperativa, José Ángel Blanco, valorou o esforzo dos máis de 3000 socios que ten a coope-
rativa, cuxo traballo foi vital para que a factoría seguise funcionando nas peores circunstancias económicas
que viviu Clesa hai unha década.
Nº 158 Maio 2022