Page 46 - revista agaca 158_web
P. 46
46
cooperaTIC
Ángela Ruiz – A avoa do E-book
Ángela Robles
presentaba o seu invento
en TVE.
Foi en Galicia onde xerminou un invento que, mesmo hoxe, pode soar futurista: a Enciclopedia
Mecánica. E foi unha muller quen o xestou: Ángela Ruíz Robles, Doña Angelita, mestra leonesa
que exerceu na nosa Comunidade a maioría da súa vida.
Estamos en 1949. O mundo comeza a acelerar cara
a modernidade tecnolóxica con avances na ciencia,
as comunicacións, a industria... e Doña Angelita
decide que o seu alumnado non quedará atrás na
carreira: «Aliviar o ensino e, co mínimo esforzo, conse-
guir os máximos coñecementos» é a súa filosofía.
segundo a memoria da patente, incorporaría son,
Porén, aínda que digamos que o saber non ocupa de xeito que as explicacións de cada tema podían
lugar, o certo é que tantos novos coñecementos escoitarse, e tamén podería usarse tanto de xeito
ocupan cada vez máis páxinas, máis oco, máis vertical coma horizontal. Mesmo se podía regular o
peso... non é viable acumular libros que quedan tamaño da letra con lupas.
obsoletos segundo se descobren novas realidades
e Doña Ángelita búscalle solución: a Enciclopedia Televisión Española entrevistouna, pero nin sequera
Mecánica. esa fiestra espertou o interese de investidores espa-
ñois (xa tiña ofertas do estranxeiro, ás que se negou),
O sistema orixinal tiña forma de libro e os contidos de e a idea quedou en prototipo. A inventora lamen-
cada materia podíanse ler en rolos intercambiables. tábao: «Se os mortos resucitasen, verían avances
Contemplaba varios idiomas, entre eles o francés, en teléfonos, televisores... pero se mirasen o ensino
e podía escribirse en tinta fosforescente para ler na pensarían que non pasou o tempo ou que se equi-
escuridade. Incluía ilustracións e o alumnado podía vocaron de século e continuamos na Idade Media».
escribir premendo teclas.
Ángela Ruiz faleceu en 1975, pero, se resucitase, vería
Doña Angelita buscou apoio para fabricar en serie que hoxe é posible que esteas lendo este artigo nun
o seu invento, que seguiu perfeccionando. En 1962 teléfono e que unha empresa como Google, que
rexistrou unha segunda patente. Este modelo aseme- chega a millóns de persoas, a homenaxeaba en
llaba o que hoxe recoñeceriamos como ‘tablet’: 2016, en forma de Doodle, polo seu papel no ensino.