Page 48 - revista agaca 158_web
P. 48

48

               novas
                  Xornada de Proteinleg sobre o impacto da crise de

                                     Ucraína na gandería galega


               O 19 de maio, o grupo Proteinleg desenvolveu unha xornada dirixida a
               axentes do sector agroalimentario onde, vía Teams e de forma gratuíta,
               se debullaron as consecuencias que a guerra de Ucraína está a reflectir
               na nosa gandería.

               Tendo en conta que Ucraína era un gran exportador de cultivos esenciais
               para o sector agroalimentario en Europa e que a guerra pechou a súa
               subministración, a elaboración dos pensos veuse moi comprometida,
               polo que se fixo necesario pensar en posibles solucións. A finalidade de
               PROTEINLEG, como Grupo Operativo de carácter supra-autonómico, é
               desenvolver novas fontes de alimentos ricos en proteínas vexetais innovadoras e eficientes no uso dos recursos
               a partir de leguminosas de gran, de aí que a súa achega resulte especialmente importante nestes intres.

               Na charla participaron, ademais de AGACA (membro colaborador), Almacenes Gamallo, o Centro Tecno-
               lóxico da Carne, a Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) e Asoporcel.

                 Vegalsa-Eroski incrementa un 9,5% o investimento en

                                    compras a provedores locais


                                                    A empresa galega de distribución alimentaria  Vegalsa-Eroski
                                                    incrementou un 9,5% o seu investimento en compras a provedores
                                                    locais dende o inicio da pandemia. «Este incremento é unha boa
                                                    mostra non só da importancia que Vegalsa-Eroski outorga aos
                                                    produtos locais e de proximidade, senón tamén do gran crece-
                                                    mento e aceleración da tendencia de consumo de produtos
                                                    locais experimentado nos últimos anos», afirmou o director xeral
                                                    de Vegalsa Eroski, Joaquín González, no IX Encontro coa Industria
                                                    Alimentaria que a empresa organizou o 13 de maio, na Coruña.
                                                    En 2021, Vegalsa-Eroski colaborou con 905 provedores e pequenos
        produtores locais, dos cales 732 son galegos, 114 castelán-leoneses e 59 asturianos. Esta alianza estratéxica co produtor
        local trasládase ao investimento realizado, que foi de 400 millóns de euros o ano pasado, o que supón o 39% das
        compras,  fronte  aos  364  millóns  de  2019.  Desa  cantidade  total,  335  millóns  corresponden  a  compras  a  empresas
        galegas. A nivel cooperativas, destaca a colaboración mantida con Horsal.


                        Caixa Rural Galega acada un beneficio de

                                           6,32 millóns de euros

               Caixa Rural Galega celebrou a súa  Asemblea Xeral o 14
               de maio, sendo o punto máis relevante da orde do día a
               aprobación das contas do exercicio 2021, das que destaca
               un beneficio neto de 6,32 millóns de euros, o que supón un
               incremento do 10% respecto do ano anterior. Xa son nove
               anos consecutivos medrando na cifra de resultados, dende
               2013, tras a crise financeira de 2008.

               Os activos superan os1.740 millóns de euros e supoñen un
               crecemento do 18% respecto do ano anterior. Os depósitos
               de clientes superan os 1.500 millóns de euros e o investimento
               crediticio acada preto de 768 millóns de euros, o que supón
               crecementos do 20% e do 11% respectivamente.
   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52