Page 46 - revista agaca 159_web
P. 46
46
novas
Gabriel Trenzado Falcón, novo director xeral de
Cooperativas Agro-alimentarias de España
O Consello reitor de Cooperativas Agro-alimentarias de España nomeou
o pasado 29 de xuño a Gabriel Trenzado Falcón novo director xeral de
Cooperativas Agro-alimentarias de España. Substitúe no cargo a Agustín
Herrero González que se xubilou recentemente.
O novo director xeral leva vinculado a Cooperativas Agro-alimentarias
de España dende xaneiro de 2001. De 2002 a 2008 dirixiu a delegación
da Organización en Bruxelas e tras o seu regreso a España encargouse
de coordinar a ampla actividade nacional coa comunitaria e inter-
nacional. Nos últimos anos, o seu labor centrouse na coordinación de
todos os servizos técnicos da Organización e no seguimento da PAC,
a cadea alimentaria, o comercio internacional ou a promoción, entre
outros temas.
Gabriel Trenzado Falcón, natural de Gran Canaria, é licenciado en
Dereito pola Universidade de Salamanca e en Ciencias Políticas pola
Universidade de Granada, especializado en Dereito Comunitario pola
Cátedra Jean Monnet. Obtivo un máster en Fiscalidade e Contabilidade
Cooperativa na Universidade de Valencia e un DEAS Estudos Europeos,
especialidade de políticas internas da UE, pola Universidade Libre de Bruxelas (ULB).
Ao longo destes anos representou a Cooperativas Agro-alimentarias de España en diversos foros nacionais
e internacionais, entre eles en diversos Grupos de Diálogo Civil da Comisión Europea, e é vicepresidente dos
Grupos de Traballo do COPA- COGECA sobre Promoción de Produtos Agrarios da UE e Cadea Alimentaria.
AGACA presenta un estudo sobre pegada de
carbono e hídrica
O 12 de xullo tivo lugar a xornada Sostibilidade,
Pegada de Carbono e Pegada Hídrica na produ-
ción de leite, organizada por AGACA onde se
presentaron os cálculos da pegada de carbono
e a pegada hídrica de 100 explotacións do sector
vacún de leite, a cargo de Ricardo Rebolledo,
membro do grupo de Investigación de Biotec-
noloxía Ambiental na Escola Técnica Superior de
Enxeñaría da USC .
Desenvolveuse tamén un relatorio sobre agrosilvicu-
tura para mellorar o carbono no solo e outro sobre
carbon farming, e a presentación do proxecto
europeo, GO-GRASS, no que participa AGACA e que busca novos usos para a herba, tales como briquetas
(biocombustibles), biochar (ou biocarbón), camas e concentrado de proteína para animais, e papel.
Xa pola tarde, as intervencións centráronse na previsión, cálculo e regulamentación do cambio climático, e
en estratexias para a redución de pegada de carbono.
Participaron na xornada tamén a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o
director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, Silvestre
Balseiros.
A iniciativa forma parte do proxecto «Mellora da competitividade das explotacións de gando vacún leiteiro
mediante asesoramento para a redución da pegada de carbono e a pegada hídrica», no marco do Programa
Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española de
la Economía Social (CEPES).