Page 48 - revista agaca 159_web
P. 48

48

               novas



                     A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario

                                 Vacas adxudica a primeira bolsa

                                        para estudos de posgrao



               A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario
               Vacas  resolveu  a  primeira  convocatoria  de
               bolsas  para  Estudos  de  posgrao  coa  conce-
               sión dunha bolsa a Alexandre Rico Fernández,
               un estudante de Meira de 25 anos que actual-
               mente se atopa cursando un programa de
               intercambio en Estados Unidos sobre a análise
               de diferentes estratexias de tratamento de
               enfermidades, así como a implementación e
               manexo de datos en explotacións gandeiras.

               Rico graduouse en  Veterinaria na Facultade
               de Lugo da Universidade de Santiago de
               Compostela e decidiu ampliar a súa formación
               en Minnesota (Estados Unidos) para realizar
               un programa de intercambio universitario. Así,
               presentou a súa solicitude para obter unha bolsa dotada cun máximo de 40.000 euros para cursar un Máster
               en Medicina Preventiva Veterinaria impartido pola Universidade de California en Davis.
               O estudante naceu no seo dunha familia de veterinarios e gandeiros da Terra ChÁ, sendo por iso coñecedor
               do ambiente rural e da comunidade láctea. Ademais de destacar por méritos académicos, Alexandre tamén
               destacou no aspecto deportivo formando parte da Selección Galega de fútbol sala sub-14, sub-16 e sub-19 e
               foi membro do persoal do Azkar Lugo ata 2019.



                  Fonteboa desenvolveu convenios de prácticas con

                             233 empresas durante o curso escolar



                                                    Durante o último curso escolar, o Centro de Promoción Rural EFA
                                                    Fonteboa conseguiu pechar convenios de colaboración con 233
                                                    empresas para que o alumnado poida realizar as súas prácticas
                                                    formativas.
                                                    As entidades están relacionadas co sector servizos, clínicas veteri-
                                                    narias, hípicas e outras entidades deportivas e lúdicas vinculadas
                                                    ao ámbito agropecuario, así como con explotacións de vacún
                                                    de carne e leite. Segundo Luis García, director do centro: «Do total
                                                    de acordos subscritos non último curso académico, dous terzos
                                                    foron con empresas e explotacións gandeiras da Costa da Morte
                                                    e da comarca do Xallas. O resto sitúanse fóra destes ámbitos
                                                    comarcais, pero dentro de Galicia».
                                                    Parte do alumnado tamén gozou de prácticas no estranxeiro
                                                    a través do programa Erasmus+, en concreto, en Bretaña, na
                                                    Borgoña, en Normandía e en Irlanda, con estancias que oscilaron
                                                    entre as tres semanas e os tres meses.
   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52