Page 49 - revista agaca 159_web
P. 49

49

                                                                                                    novas










                                A ministra Yolanda Díaz visita Clun



                       Aproveitando a viaxe da vicepre-
                       sidenta segunda do Goberno e
                       ministra de Traballo, Yolanda Díaz
                       en xuño a Santiago de Compos-
                       tela, para presentar o Manifesto
                       da Economía Social, a ministra
                       visitou as instalacións de Clun no
                       concello  de Ames  acompañada
                       por José Miñones, delegado do
                       Goberno en Galicia, e de Mara-
                       villas Espín, directora xeral de
                       Traballo Autónomo, da Economía
                       Social e da RSE.

                       Segundo    a    vicepresidenta
                       segunda do Goberno, Clun «repre-
                       senta os valores e as grandes
                       oportunidades que temos dende
                       a economía social porque, en
                       primeiro lugar, é unha economía
                       afincada ao territorio, que fixa
                       poboación nas zonas rurais e que
                       ademais demostra que se pode
                       vivir no rural [...] e do rural. En
                       segundo lugar, porque CLUN está
                       facendo algo moi importante:
                       arrincar no sector agrogandeiro e
                       rematar todo o ciclo produtivo. Isto
                       é dunha relevancia extraordinaria
                       que non é máis que un espello no que queremos mirarnos e que queremos espallar. En
                       terceiro lugar, a experiencia de fusionar cooperativas fainos máis resilientes para poder
                       ensanchar os nosos produtos nun mundo que é global e moi complexo».

                       Por outra banda, unha das inquedanzas de Díaz era conversar coas mulleres que dirixen
                       explotacións e tamén representan á cooperativa ante quen aseverou: «Quero darlle un
                       pulo a isto, porque é verdade que a economía social é feminista e, por tanto, como somos
                       moitas as mulleres, en Galicia singularmente, que estamos traballando na economía
                       social en distintas fórmulas xurídicas, é unha experiencia que estou desexando coñecer
                       e escoitar».















                                                                                                        Nº 159 Agosto 2022
   44   45   46   47   48   49   50   51   52