Page 47 - revista agaca 159_web
P. 47

47

                                                                                                    novas
                       AIRA continúa medrando e pecha o 2021 cun

                                             crecemento do 9%


               Os datos presentados por Aira durante a súa Asem-
               blea Xeral celebrada o 20 de xullo en Taboada
               (Lugo) reflicten que a cooperativa segue conso-
               lidándose como unha empresa líder e en plena
               fase de expansión, ao lograr este ano un crece-
               mento do 9,1%. A entidade continúa medrando a
               un ritmo sostible e, nestes catro anos, dende que
               se formalizara o proceso de integración no 2018
               logrou un crecemento do 39%.
               A Cooperativa segue a manter o seu compromiso
               de valorizar a produción e servir de apoio aos case
               3.000 socios e socias que a integran. “Seguimos
               medrando e facémolo, como ven sendo habitual, a base de recortar as marxes de beneficio”, explica Daniel
               Ferreiro, director xeral de Aira.

               A Cooperativa pechou 2021 cunha facturación consolidada de 148,2 millóns de euros, ó manterse como
               un referente nas áreas de negocio. Aira logrou un nivel de EBITDA de 5,6 millóns de euros, que permiten á
               Cooperativa afrontar o volume de investimentos que manexa e que, ademais, deixa un excedente neto de 2,4
               millóns de euros, dos que máis do 50% se capitalizará aos asociados.
               Aira integra na actualidade a case 3.000 socios e socias. Xunto coas instalacións centrais situadas en Taboada
               (Lugo), a Cooperativa conta con 15 delegacións repartidas principalmente na provincia de Lugo, así como
               na Coruña e Pontevedra.




                Clun aproba a súas contas e aposta pola renovación

                                           para seguir crecendo



                                                               CLUN celebrou o 15 de xullo a súa Asemblea Xeral
                                                               Ordinaria de 2022, na que, entre outros puntos do
                                                               día, aprobáronse as contas do 2021.Nelas reflíctese
                                                               que  a  cooperativa  consolidou  a  súa  evolución
                                                               positiva e o seu crecemento dende 2019.

                                                               A facturación do grupo galego medrou un 7,5% en
                                                               2021 respecto a 2020, ata superar os 188 millóns de
                                                               euros. A destacar, o incremento de vendas en máis
                                                               de tres millóns e medio de unidades de leite coas
                                                               súas marcas Feiraco, Únicla e Clesa Bienatur nun
                                                               só ano, como a produción da planta de Clesa, que
               pasou de fabricar menos de 2 millóns de quilos de produto en 2012 a superar os 35 millóns, desde que CLUN
               se fixo cargo da súa xestión.

               Ángel Miranda, director da división agrogandeira de CLUN manifestaba o bo rendemento e estabilidade que
               achega a cooperativa ás persoas socias: «Para unha granxa ten moitas vantaxes pertencer á cooperativa»,
               afirmación que se ve reforzada polo aumento da venda de pensos nun 12% respecto ao exercicio anterior.

               O director xeral da CLUN, Juan Gallástegui, sinalou que «os números están avalando o traballo serio e rigoroso
               de todo un equipo que funciona como un», e destacou que, «todas as empresas do grupo arroxaron un EBITDA
               positivo», nunhas contas que foron aprobadas pola unanimidade das persoas asistentes á asemblea.

                                                                                                        Nº 159 Agosto 2022
   42   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52