Page 44 - revista agaca 159_web
P. 44
44
mundo cooperativo
A «Economía Gig», explotación ou
autoemprego?
Con esta e outras xornadas nos países do
consorcio, agárdase concienciar sobre as impli-
cacións da «Economía Gig» no mercado do
emprego, e tamén establecer estratexias rexionais
que obteñan proveito deste modelo económico
e promovan a creación de novos e produtivos
empregos, ao tempo que diminúen os riscos para
as persoas traballadoras e contribúen a desen-
volver as súas habilidades e competencias.
Algúns dos produtos do proxecto poden
atoparse na web:
Programa de formación:
O proxecto GIG Entering the Gig Economy https://es.enteringthegigeconomy.eu/
ten por obxecto de estudo a «Economía training-programme
Gig», que se pode definir como un modelo
laboral que vai en aumento, marcado por Campaña de sensibilización:
contratos de curta duración e enfocados á https://es.enteringthegigeconomy.eu/
realización de tarefas concretas por parte raise-awareness
de persoas autónomas ou independentes
da empresa que as contrata. Kit de ferramentas para creación de
alianzas: https://es.enteringthegigeco-
Como contexto, cifras da Estratexia e Plan de nomy.eu/copy-of-raise-awareness
Acción Rexional para o desenvolvemento
da Economía Gig —redactada no marco do Entering the Gig Economy é desenvolvido con
proxecto, baixo a coordinación do Concello de financiamento do programa Erasmus+ por un
Vedra—, indican que no Réxime Xeral da Seguri- consorcio formado por: en España, AGACA e
dade Social o emprego con contratos indefinidos o Concello de Vedra; en Italia, Formentica e a
creceu case un 1%. Os traballadores indefinidos a Comune di Capannori; nos Países Baixos, Learning
tempo completo e a tempo parcial representaron, Hub Friesland e Friesland College e, en Irlanda,
en 2020, o 63,09% do total do emprego, case dúas Meath County Council e WIN Consultants.
porcentaxes máis que en 2019.
Próximos pasos
O 24 de marzo tivo lugar no Centro de Empren-
demento A Estación, en Vedra, unha xornada O 8 de setembro celebrarase o evento de peche
divulgativa que rematou cunha sesión de traballo final do proxecto, en Santiago de Compostela,
onde se levaron a cabo dúas dinámicas de xunto cun evento multiplicador destinado a
grupo: DAFO e CAME. divulgar os logros obtidos, baixo a coordinación
de AGACA.
A sesión comezou cun intercambio de ideas e
debate para determinar debilidades, ameazas,
fortalezas e oportunidades da «Economía Gig»,
seguido pola procura de xeitos de corrixir as
debilidades, de adaptación ás ameazas, de
manter as fortalezas e explorar as oportunidades.
Nela interviñeron partes interesadas do proxecto:
representantes de centros de ensino e empresas
e entidades de promoción do emprego da
administración pública, persoas emprendedoras
e autónomas.

