Page 42 - revista agaca 159_web
P. 42
42
mundo cooperativo
Nano Cell Farms: Como obter produtos
funcionais a través de desperdicios coa
nanocelulosa bacteriana
Que o sector agroalimentario é fundamental en Galicia é máis que coñecido por todos: xera
máis de 103.000 empregos e achega un 6,9 do Produto Interior Bruto da economía autonó-
mica pero máis aló do xa consolidado, gustaríanos saber que novas ideas están a rebulir no
sector, que se está a mover a nivel emprendemento en Galicia ou que proxectos innovadores
provocan a curiosidade das empresas.
Neste senso, Business Factory Food, a aceleradora do sector alimentario en Galicia, constitúese
como un elemento clave de impulso e proxección de iniciativas de interese para as empresas
en canto que se formulan como solucións a posibles retos acaídos.
A última convocatoria aberta abarca sete proxectos no programa de aceleración e seis no de
consolidación, todos eles co reforzo de mentores, formación, servizos técnicos, infraestruturas e
incluso financiamento, co apoio da Xunta de Galicia.
Un dos proxectos incluído na fase de aceleración que conta coa titorización de Capsa é Nano
Cell Farms.
Nano Cell Farms
POLÍMERO:
Defínese como unha empresa que busca facilitar
e prover a transformación de materiais agroindus- é un composto químico, unha
triais arredor do mundo en NanoCelulosa Bacte- substancia integrada por
riana, elemento moito máis descoñecido nas
súas aplicacións, en contraposición á celulosa moléculas unidas en forma de
vexetal, máis empregada na actualidade. enlaces onde se repite unha
unidade básica, chamada
As aplicacións deste material cuxa estrutura é monómero. Os polímeros
a mesma que a celulosa vexetal son múltiples: poden ser inorgánicos, por
medicina, cosmética, alimentación, téxtil, etc.
exemplo o vidro, pero os que
A celulosa bacteriana é un polímero natural máis adoitan interesar á industria son
axeitado que a celulosa vexetal na maioría das orgánicos.
aplicacións xa que ten unha maior retención de
auga e porosidade. Ademais, é máis respectuosa
co medioambiente, máis eficiente e máis econó-
mica.