Page 41 - revista agaca 159_web
P. 41

41

                                                                                      mundo cooperativo

               C.G.:  Ademais de dispoñer dunha estrutura        C.G.: A  innovación  e  a  tecnoloxía  son  funda-
               directiva consolidada que achega rigor e          mentais nesta cooperativa. É difícil manterse
               estabilidade  á  cooperativa,  tamén  dispoñen    como entidade punteira?
               de liñas de negocio que achegan valor. No
               sistema de aprovisionamento ás explotacións,      X.M.:  Non podemos pensar se é fácil ou difícil.
               Aira conta cunha fábrica de pensos punteira.      Temos que autoesixirnos estar sempre na
               Que queda por facer nos aprovisionamentos         vangarda da innovación e da tecnoloxía. É
               das explotacións?                                 evidente que neste campo sempre hai novos
                                                                 retos que cumprir, pero temos que estar aí.
               X.M.: No tema dos aprovisionamentos, como en
               todo, sempre se pode facer máis e mellor, pero    C.G.: Cales son as novidades nas que se está
               creo que nesta escalada de prezos das materias    a traballar? En que destaca Aira sobre o resto
               primas, coa que levamos máis dun ano, e que       do sector?
               se intensificou co comezo da guerra de Ucraína
               en febreiro, Aira, e en xeral, as cooperativas que   X.M.: Non creo que isto sexa unha novidade, pero
               estamos  en  Delagro,  fomos  capaces  de  estar   o noso firme obxectivo é o de sermos capaces de
               por debaixo da media dos prezos do mercado,       poder ofrecer ás persoas socias pechar o círculo
               debido á boa xestión de compras que se viña       do que precise a súa explotación (insumos,
               facendo con anterioridade.                        servizos, asesoramento e comercialización).

               C.G.: Aira tamén é recoñecida pola variedade      C.G.: Finalmente, en relación cos resultados
               de servizos ás explotacións gandeiras socias:     económicos. Que valoración fai do último exer-
               veterinarios, agronómicos, maquinaria... Cales    cicio? Están superados os efectos do conflito
               son os pasos a dar nos vindeiros anos para        da Guerra en Ucraína?
               facer máis fortes ás explotacións dos socios? A
               PAC vai esixir apoio e asesoramento á persoa      X.M.: No último exercicio económico, a valoración
               socia, como se prestará este apoio?               que facemos é moi positiva dado que medramos
                                                                 un 9,1% en relación co ano anterior, o que nos
               X.M.: Como xa dixen antes, a nova PAC, que entrará   permite acumular un 39% de crecemento nos
               en vigor a comezo do 2023, e todo o proceso de    catro exercicios de actividade que levamos, e
               cambios normativos que leva consigo, vainos       todo isto reducindo marxes e aumentando bene-
               esixir unha intensificación do apoio técnico de   ficios. Isto é mostra de que imos na boa dirección,
               asesoramento á base social. Como este servizo xa   e do importante que é a economía de escala.
               está regulado, a medida que vaia aumentando
               a demanda iremos buscando as solucións máis       Os efectos da guerra de Ucraína non é que estean
               axeitadas. De feito, neste senso, dende  Aira xa   superados, porque a guerra aínda non acabou,
               estamos dando pasos para ofrecer ás ganderías     pero polo que nos afecta de momento, podemos
               respostas fronte algunhas das novas esixencias    dicir que están controlados mentres a situación
               que nos van pedir a curto prazo en temas como o   non empeore, o cal é impredicible.
               control e a xestión dos medicamentos, dos xurros
               na granxa ou da pegada de carbono.

               C.G.:  Volvendo a vista á comercialización.
               A día de hoxe, cumpriu Galacteum todos os
               obxectivos perfilados cando se deseñou? Que
               produtos desenvolve esta industria?

               X.M.: Si, sen ningunha dúbida, foi un acerto. E iso
               que vimos de rematar unha primeira fase de fortes
               investimentos (máis de 24 M€) e posta en marcha
               dos diferentes procesos. Aínda así, acadamos o
               100% da capacidade operativa da nova planta,
               na que fundamentalmente fabricamos produtos
               e bases industriais en polvo para alimentación e
               para elaboración doutros produtos de alimenta-              Asemblea xeral de Aira en xullo.
               ción.



                                                                                                        Nº 159 Agosto 2022
   36   37   38   39   40   41   42   43   44   45   46