Page 43 - revista agaca 157_web
P. 43

43

                                                                                      mundo cooperativo

               Os membros da cooperativa están de acordo en
               destacar o papel de Roberto Rivas, socio fundador
               e viticultor profesional como o impulsor do estudo e
               consideración desta variedade, o ratiño, que se ten
               convertido nunha fonte de ilusión para a totalidade
               da base social, sabedores de sentirse posuidores de
               algo tan especial e exclusivo.


                   Os socios sentímonos moi ilusionados.
                  Darnos conta de que algo que estaba
                     case esquecido, era algo tan único,
                    tan especial, tan distinto... recuperalo
                        é recuperar o traballo que fixeron
                      os nosos antepasados, case como
                    renderlles unha homenaxe. Os nosos
                    fillos e os nosos netos lembrarán que
                            loitamos por poñelo en valor
                                                                 Viña  Moraima  prézase  de  non  ser  unha  gran
                                 Salomé Cancela, socia           bodega: “Iso afastaríanos da nosa filosofía”, ratifica
                                                                 Salomé. Os números acompañan a afirmación: en
                                                                 2021 comercializaron a totalidade do viño recollido
                            VIÑA MORAIMA                         —unhas 100.000 botellas despois de recoller 100.000
                                                                 kg de uva—. Con uva ratiño elaboran entre 500 e 600
                  •  Localización: Barro (Pontevedra).           litros de viño ao ano, e son sabedores da expecta-
                                                                 ción que teñen xerado con esta variedade que, de
                  •  Ano de fundación: 2006.                     momento, non se pode comercializar quedando
                                                                 reducida a súa elaboración para consumo propio,
                  •  Tipoloxía da adega: cooperativa.            catas ou eventos promocionais.

                  •  Base social: 10 persoas.                    Recoñecen que hai moita expectación arredor da
                                                                 comercialización deste viño tanto entre o público
                  •  Dimensión territorial: 11 ha entre terras   como entre os propios viticultores da zona que
                     propias e alugadas.                         tamén contan con uva ratiño.

                  •  Variedades colleitadas: 90% uva alba-        Mausiño
                     riño; 4%, caíño tinto; 1% mesturas.
                                                                 Este é o nome asignado ao viño elaborado con
                  •  2021: 100.000kg de uva colleitada.          uva ratiño galega aínda que, a día de hoxe, dende
                                                                 a adega non aseguran que este vaia ser o nome
                  •  D.O. Adscrita á D.O. Rías Baixas.           definitivo.

                  •  Marcas: Moraima,  Aba de  Trasumia e        Haberá que esperar algún tempo máis antes de
                     Mausiño                                     saber se o ratiño de Viña Moraima seguirá sendo
                                                                 Mausiño.
               Salomé Cancela, socia da cooperativa, sorrí mentres
               recoñece ser a única que non conta con cepas de
               uva ratiño, a pesar do que se sinte moi leda con
               este descubrimento:  “Os socios sentímonos moi                    Moraima
               ilusionados. Darnos conta de que algo que estaba
               case esquecido, era algo tan único, tan especial,     É nome de muller e nome de poema.
               tan distinto... recuperalo é recuperar o traballo que   É o nome da muller de Celso Emilio Ferreiro á
               fixeron os nosos antepasados, case como renderlles
               unha  homenaxe. Os  nosos  fillos  e os  nosos  netos   que lle dedicou un poema co mesmo título.
               lembrarán que loitamos por poñelo en valor”.

                                                                                                        Nº 157 Marzo 2022
   38   39   40   41   42   43   44   45   46   47   48