Page 47 - revista agaca 157_web
P. 47
47
novas
Bodegas Martín Códax premiada pola
Asociación AJE
Recentemente a adega cooperativa
Martín Códax foi recoñecida pola
Asociación de Jóvenes Empresarios
de Pontevedra (AJE Pontevedra) cun
premio honorífico pola súa traxectoria.
O premio enmárcase na XXV edición
“Premios Xove Empresarix do Ano”
desenvolvida en Vilagarcía de Arousa
o 10 de marzo.
A entidade destaca así o papel da
cooperativa como un referente empre-
sarial para as novas xeneracións de
persoas emprendedoras destacando
a aposta da adega polo ámbito da cultura e da hostelería, o traballo en favor da Responsabilidade
Social Corporativa ou na internacionalización, entre otros aspectos mencionados.
O presidente de Martín Códax, Juan Allegue agradeceu o galardón ao tempo que puxo en valor
as medidas desenvolvidas na cooperativa no ámbito laboral como a redución de xornada ou o
teletraballo, co fin de facilitar a conciliación familiar e enfatizou o feito de que “gran parte dos postos
de responsabilidade e dirección de equipos están ocupados por mulleres”. Tamén fixo mención do
orgullo que sinte a cooperativa por continuar interesando ás novas xeracións.
Delagro lanza Blue Star, un fertilizante que activa a
actividade do solo
Este novo fertilizante, que pode ser aplicado
en praderías, cultivos de millo, de cereais,
leñosos e incluso horta, incorpora na súa
formulación a tecnoloxía CONTRIBUTE®, que
incrementa a microbiota do solo e facilita a
absorción de nutrientes, o que repercute nun
bo desenvolvemento dos cultivos.
Igual que sucede cos seres humanos, a micro-
biota, é dicir o conxunto de microorganismos
(bacterias, virus, fungos etc.) que se concen-
tran nas plantas, desempeña unha función
indispensable no relativo á nutrición e, por
tanto, na súa capacidade de defensa ante
os posibles patóxenos. Entre outras vantaxes,
a aplicación deste novidoso fertilizante incide
na calidade dos cultivos, aumenta o contido
de proteínas, a dispoñibilidade de nitróxeno, optimiza os custos de fertilización e contribúe
á sostibilidade, xa que reduce a pegada de carbono, adaptándose ás medidas medioam-
bientais.
Nº 157 Marzo 2022