Page 48 - revista agaca 157_web
P. 48
48
novas
Encontro Mocidade das cooperativas
agroalimentarias galegas
O 14 de febreiro desenvolveuse, en formato online, o Encontro Mocidade das cooperativas agroalimentarias
galegas, organizado co obxectivo de ofrecer ás persoas mozas participar no coñecemento en primeira persoa
dos principais aspectos a ter en conta ao iniciárense na actividade agrogandeira.
Achegáronse propostas, suxestións, estratexias e aspectos clave na posta en marcha da actividade para abrir as
expectativas da mocidade á realidade da actividade na empresa agrogandeira e o cooperativismo agroalimen-
tario.
Presentáronse tamén os resultados do Programa CULTIVA 2021 “Catálogo de Estancias Formativas para xóvenes”,
que volverá organizarse este ano, un programa de estancias formativas no territorio nacional co fin de fomentar a
formación práctica fóra da comunidade autónoma de orixe.
Esta actividade enmárcase na programación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración
impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financia-
mento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
Nova edición do obradoiro
“Emprendemento cooperativo no medio rural:
oportunidades de negocio”
Precedida polo éxito das anteriores e con previsións de repe-
tirse, o 22 de febreiro comezou unha nova edición do obra-
doiro gratuíto “Emprendemento cooperativo no medio rural:
oportunidades de negocio”, en formato online e estruturada
en cinco sesións temáticas focalizadas en definir aspectos
xerais e elementos necesarios para levar a cabo un proxecto
de emprendemento cooperativo no medio rural.
Entre outras cuestións expuxéronse 12 exemplos de emprende-
mento no medio rural, diferentes estratexias para levar adiante
as ideas con éxito, as características e idoneidade da fórmula
cooperativa e os apoios e axudas públicas dispoñibles, así
como os pasos para elaborar un plan de emprendemento.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo
é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a
economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
As IXP Ternera Gallega e Vaca Galega/Boi Galego en Fitur
Gandaría, turismo e gastronomía conviviron na caseta
de Turismo de Galicia coas IXP Ternera Gallega e Vaca
Galega/Boi Galego na Feira Internacional de Turismo
(FITUR) a través de dous showcookings a cargo do chef
Javier Rodríguez Ponte “Taky”, quen dirixiu o taller de
Ternera Gallega, e do cociñeiro Héctor López, co de
Vaca Galega / Boi Galego.
Esta iniciativa promocional visibilizadora da calidade
das carnes e o seu sistema de produción tradicional
e sustentable serve tamén para reforzar o seu vínculo
coa industria turística internacional.