Page 45 - revista agaca 157_web
P. 45
45
mundo cooperativo
Santiago Ogando: É posible estudar
medicina e ser viticultor se sabes organizarte
Podemos empezar contando que Santiago
Ogando Pérez é socio da cooperativa Viña
Costeira e que xestiona algo máis dunha
hectárea de viñedos que herdou do seu
avó, preto de Ribadavia. Ata aquí pode
resultar algo bastante común, pero xa non
o é tanto cando descubrimos que só conta
con 22 anos, que a súa familia directa vive
en Vigo e que el está cursando 5º de Medi-
cina en Santiago de Compostela.
«É posible sacar os estudos, ver a familia,
saír cos amigos e xestionar os viñedos se
sabes organizarte», aclara Santiago anti-
cipándose á sorpresa que provoca a súa
historia.
Bisneto dun dos fundadores da cooperativa sempre da predición do tempo ou cando fala das
ourensá, neto e sobriño neto de viticultores, posúe súas preocupacións arredor das viñas. Porén, non
arredor dunha hectárea de vides repartidas lle afecta e reitera a súa paixón con todo o que
entre pequenas propiedades no lugar de Lentille, ten que ver coa terra e tamén coa historia, sobre
Cenlle (Ourense). todo se se vincula ao Ribeiro, unha evidencia que
reflicte a través do blog que creou hai uns anos
Hai dous anos que faleceu o seu avó e, dende e que vai alimentando pouco a pouco: «Historias
entón, como herdeiro, encárgase da xestión das por la historia».
viñas aínda que recoñece as súas limitacións:
«Loxicamente, non podo estar a diario alí e vou Eu síntome moi orgulloso da
sempre que teño ocasión. A cooperativa é de
grande axuda e conto coa colaboración dun cooperativa, de traballar as viñas. Hai
parente que reside na zona», indica este futuro quen ve traballar a terra con desdén,
médico a quen lle gustaría especializarse en pero, para min, é algo fermoso e sinto
neuroloxía ou neurocirurxía e, ao tempo, conti-
nuar aprendendo arredor da viticultura. orgullo do esforzo que se fixo para
levantar a cooperativa
«Dende pequeno encántame ir ás viñas. De neno
non me deixaban traballar nelas, pero eu pasaba «Eu síntome moi orgulloso da cooperativa, do
alí as tardes, sentábame por alí e observaba campo, de traballar as viñas. Hai quen o ve
como o meu avó facía primeiro a poda, logo a como un desdén, pero, para min, é algo fermoso.
rodriga, a esfollada... A min iso gustábame moito, Enorgulléceme saber do esforzo que se fixo para
xérame moita paixón. O certo é que non quero levantar a cooperativa ata o que é hoxe en día»,
deixar de vir nunca», confesa Santiago. di.
Con respecto á cooperativa, á que se sente «Gustaríame dicirlle a quen teña avós ou familia
moi unido, agradece poder despreocuparse de no campo que non o olvide. Que non deixen
diversos aspectos: «Como socio, non tes que estar perder o traballo de atrás; se non poden ocuparse
pendente de vender o viño, levas a uva á coope- que llo deixen a un familiar ou a un veciño, pero
rativa e quedas tranquilo». que non se perda», insiste este futuro doutor,
quen, antes de rematar a entrevista, lembra: «Ah!
Recoñece que no seu ambiente, ás veces, o e tamén quero dicir que todo o mundo ten que vir
consideran «un pouco raro», pendente como está coñecer O Ribeiro».
Nº 157 Marzo 2022
Nº 157 Marzo 2022