Page 38 - revista agaca 157_web
P. 38
38
tendencias
A Economía Social recibe o apoio do
Parlamento de Galicia
Celso Gándara, Miguel Ángel Santalices,
Agustín Fernández,
Mar Pernas e Isabel Fraga.
Despois de que o presidente do ForoESgal, Celso Gándara, e o do Consello Económico e Social
de Galicia CES Galicia, Agustín Hernández, presentaran ante o Presidente do Parlamento,
Miguel Ángel Santalices, a finais de novembro unha proposta de apoio á economía social
como modelo empresarial, a institución decidiu recoller a proposta na súa páxina web oficial,
recoñecendo así a relevancia desta figura.
Días antes, representantes do Foro pola Economía Social Galega (ForoESgal) reuníranse con
Hernández para solicitar o apoio do CES a este modelo empresarial que antepón á persoa
diante dos beneficios económicos a través da súa visibilización e impulso.
Dende a súa creación, en 2018, o Foro está a traballar intensamente para lograr o recoñece-
mento público da economía social como un axente económico relevante e indispensable.
Ademais de AGACA, integramos ForoESgal a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
(AEIGA), a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL), a Asociación
Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (CEGASAL) e Espa-
zocoop, Unión de Cooperativas Galegas.
En Europa hai máis de 2,8 millóns de empresas e organizacións de economía social. Repre-
sentan o 8% do PIB europeo e xeran 1,3 millóns de postos de emprego. En Galicia, a través do
Foro representamos 4.788 entidades, cun volume de emprego estimado de 24.904 persoas e
máis de 74.120 persoas socias, comuneiras ou mutualistas.