Page 36 - revista agaca 157_web
P. 36

36

               tendencias

                       GO-GRASS promove novos modelos de


                                   negocio arredor da herba



               GO-GRASS é un proxecto europeo que
               pretende mellorar o rendemento no apro-
               veitamento  dos pasteiros  europeos,  que
               constitúen un 21 % da superficie europea.

               Os obxectivos do proxecto, que conta con finan-
               ciamento do Horizonte 2020, son sinxelos: dunha
               banda, desenvolver modelos de negocio efec-
               tivos, sostibles e circulares, baseados na herba,
               considerando as circunstancias sociais, econó-
               micas e ambientais da contorna rural europea;
               doutra, diversificar e revitalizar as economías
               rurais,  así  como  facilitar  oportunidades  laborais
               de calidade e de cooperación entre emprende-                   Dinámica co grupo de investigación sueco
               dores e autoridades locais.

               As materias primas obtidas irán destinadas á
               produción de produtos baseados na herba, subs-
               tituíndo  os  existentes  feitos  a  partir  de  materias
               primas fósiles. Ademais, recuperar recursos naturais
               pode chegar  a ter un impacto considerable na
               redución de emisións de gases efecto invernadoiro
               a nivel da UE. Busca unha replicación a grande                           Material para facer camas
               escala, especialmente en comunidades remotas.

               O consorcio GO-GRASS está formado por 22          e convertida en briquetas, que  mellora a cali-
               socios multidisciplinares de oito países europeos,   dade da cama e potencia o rendemento deste
               entre os que están AGACA ou a Universidade de     material como fertilizante e fonte de biogás.
               Santiago de Compostela.
                                                                 A «demo» danesa desenvolve concentrado
               Numerosas universidades europeas e centros de     proteico baseado en fibras vexetais para o gando.
               investigación atópanse traballando na circula-    Actualmente,  os estudos  están  a  demostrar  bos
               ridade dos pasteiros dende o ano 2020, no que     resultados na alimentación de porcos, o que xa
               comezaron a desenvolverse os primeiros pilotos    de por si supón un grande avance na alimen-
               en Suecia, Dinamarca, Holanda e Alemaña. Cada     tación animal sostible e respectuosa co medio.
               un destes países ten unha proposta tecnolóxica a   Prevé comezar a distribuír proteína concentrada
               desenvolver.                                      en marzo ou abril.

               AGACA, como membro do grupo de rexións            Tras dous anos de reunións e visitas ás demos
               seguidoras das «demos» ou pilotos, ten a función   sueca (en outubro acudiron Diego  Vázquez e
               de participar activamente na diseminación e na    Mario Redondo, técnicos de AGACA) e danesa
               transferencia tecnolóxica dos procesos que foron   (online, por mor da COVID) comezan os traballos
               validados como viables para Galicia e os  seus    para o grupo encargado da diseminación e
               socios.  Estas  tecnoloxías  seleccionadas  son  a   transferencia da tecnoloxía. O taller que tivo lugar
               sueca e danesa, xa na fase de comercialización    o 23 de febreiro, liderado pola compañía GATE 2
               de produtos.                                      GROWTH, foi o primeiro de moitos nos que Agaca
                                                                 terá que adquirir ferramentas para realizar unha
                Comercialización                                 diseminación do proxecto óptima en Galicia.

               A «demo» sueca conta con varios compradores                                   Diego Vázquez
               para o seu material de cama con herba triturada                 Técnico de Calidade de AGACA
   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41