Page 20 - revista agaca 157_web
P. 20
20
caderno técnico
Opinan Ángel Miranda, director da División de Servizos Agrogandeiros de Clun,
e o Equipo Técnico da Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña.
Expertos aconsellan: Como afrontar
as subas dos prezos da enerxía e das
materias primas nas explotacións leiteiras
Ángel Miranda (A.M.), director da División de Servizos Agrogandeiros de Clun, e o Equipo
Técnico (E.T.) da Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña —dous profesionais cunha longa
traxectoria de éxito ao fronte dun valioso servizo de asesoramento-técnico que as súas coope-
rativas poñen á disposición dos seus socios e socias— aceptaron o noso reto de responder
a unha serie de cuestións co fin de analizar e recomendar actuacións eficientes para facer
fronte á realidade económica das nosas granxas leiteiras, sacudidas polas subas imparables
nos prezos das materias primas de alimentación animal, da electricidade, dos adobos... da
práctica totalidade dos insumos e, así, lograr minimizar o seu impacto na rendibilidade destas
explotacións.
Apreciamos o gran valor desta contribución, conscientes da dificultade engadida que asumen
cando aínda se descoñece o impacto real das subas, máis tendo en conta a diversidade das
explotacións e a súa maior ou menor dependencia da alimentación externa.
Partimos da base de que dende agosto de 2020 ata decembro de 2021 os prezos dos pensos
subiron unha media superior ao 30%.