Page 17 - revista agaca 154_web
P. 17
17
tendencias
CERTIFICADORAS
Carlos Pizarro | AENOR | Dirección de Aseguramiento Técnico y Calidad
«««««
SON PROFESIONAIS QUE COÑECEN OS ESQUEMAS DE CERTIFICACIÓN DEMANDADOS
1 As empresas que inician unha certificación no sector primario gandeiro baixo a asesoría
de AGACA chegan ao primeiro ciclo de certificación con asesoramento por profesionais
que coñecen os esquemas de certificación demandados neste sector (Benestar animal,
leite de pastoreo etc.). Isto tradúcese en maior facilidade e coñecemento á hora de poñer
os medios necesarios para alcanzar os obxectivos que lles permitan obter avaliacións
favorables, así como a mellora continua.
2 A comunicación e transparencia permítennos establecer unha canle fluída para tratar
todos os asuntos relacionados coa certificación. Así mesmo, a experiencia e coñecemento
do sector gandeiro garántennos sistemas de autocontrol robustos.
Rebeca Pérez Antona | SGS International Certification Services Ibérica, S.A.U.
«««««
OS CLIENTES CHEGAN CUMPRINDO TODOS OS REQUISITOS ESIXIDOS
1 Os clientes de AGACA chegan á certificación ben preparados, cumprindo todos os
requisitos esixidos. Dende a nosa experiencia, nunca tivemos problemas neste senso, o
resultado foi sempre satisfactorio. Para a certificación, a actuación de AGACA facilita en
gran medida as interaccións e o traballo coas empresas auditadas.
2 Cabe destacar a profesionalidade e formación dos técnicos.
Luis Moreno | SOHISCERT | Departamento de Control
«««««
SORPRENDEUNOS GRATAMENTE O NIVEL DE PREPARACIÓN DOS EXPEDIENTES
1 Este foi o primeiro ano que Sohiscert auditou a operadores asesorados polo equipo
técnico de AGACA, e sorprendeunos gratamente o nivel de preparación dos expedientes.
A documentación, procedementos e rexistros axústanse perfectamente aos requisitos
establecidos pola norma. Os agricultores asesorados por AGACA mostran un amplo
coñecemento da norma e integrárona no seu traballo diario.
2 A profesionalidade, a dedicación e o coñecemento da norma mostrada polo persoal do
departamento.
Nº 154 Agosto 2021