Page 16 - revista agaca 154_web
P. 16
16
tendencias
Usuarios servizo Calidade -AGACA- CERTIFICACIÓNS
Testemuños
Pedimos a Industrias, Certificadoras e Produtoras que valoren o noso traballo nos procesos de
Certificación desenvolvidos. Tan só dúas preguntas:
1 Como cualificaría o proceso de traballar con AGACA e o resultado obtido?
2 Que aspectos destacaría de ter confiado en nós?
INDUSTRIA
Ramiro Ferradas| CAPSA| Jefe Recursos Lecheros – Galicia
«««««
ÓPTIMO PROCESO DE IMPLANTACIÓN, AUDITORIA E CERTIFICACIÓN
1 Todo o proceso de implantación, auditoria e certificación do mesmo resultou óptimo,
permitíndonos ser a primeira láctea de España en obter esta certificación para máis de 400
explotacións.
LARSA foi a primeira marca nacional en comercializar todas as variedades de leite, todos os
seus iogures e o queixo en liscos producido con leite de pastoreo certificado. A día de hoxe,
seguimos incorporando novas explotacións a esta certificación, por tanto, podemos dicir
que é un proxecto vivo e dinámico.
2 Como aspectos positivos, entre outros, resaltamos: o coñecemento do medio e do sector
lácteo galego, capacidade de adaptación ao noso Sistema de Xestión e o equipo de
persoas que xestiona o proxecto de certificación.
Luis Antonio Díaz |LACTALIS| Responsable Nacional de Calidad y Certificaciones
Compras de Leche
«««««
Á ALTURA DAS ESIXENCIAS MARCADAS POLO NOSO GRUPO
1 Contactamos con AGACA para levar a cabo o proceso de certificacións de benestar animal
e pastoreo porque conta cun amplo equipo de técnicos ben adestrados, coñecedores do
campo e deste tipo de certificacións. Tras un período de formación e coñecemento mutuo
entre os equipos de AGACA e Lactalis, expúxose de maneira estratéxica como abordar o
traballo ao longo do ano, determinando as distintas zonas e prazos. Todos os traballos ata
a data, realizáronse con éxito, cumprindo a esixencias de prazos e volumes en liña cos
obxectivos expostos. Sentímonos satisfeitos de contar cun colaborador profesional e á altura
das esixencias marcadas polo noso grupo.
2 Ben formados e coñecedores da materia para tratar. AGACA posúe un amplo
coñecemento sectorial que permite abordar o traballo de forma sinxela, sabendo os
distintos factores que poden afectar en cada momento. Magnífica disposición de María Rey
que aborda o traballo de maneira clara, rápida e eficiente.
José Miguel Cuevas| Leche Celta| Director de Compras de Leite
«««««
TOTAL PREDISPOSICIÓN, INICIATIVA...EXCELENTE, UN 10.
1 O proceso de traballo foi, e é, EXCELENTE, dende o inicio. A predisposición, iniciativa,
flexibilidade e a implicación en resolver día a día os problemas que xorden é total.
2 Só podo dar GRAZAS polo traballo que realiza todo o equipo de AGACA; un 10.

