Page 12 - revista agaca 154_web
P. 12

12

               tendencias

                 A relevancia e necesidade das certificacións


                                      na nosa agrogandería




































               Que as políticas internacionais e nacionais, á par que as preferencias dos consumidores,
               avogan por unha agrogandería cada vez máis «verde», máis sostible, máis ecolóxica, menos
               contaminante, máis eficiente, respectuosa, próxima, de calidade etc. é incuestionable. Que
               a realidade empresarial e social é dinámica e cambiante non se dubida. Que as coopera-
               tivas, como empresas que son, deben ser capaces de adaptarse e adiantarse aos cambios,
               tampouco.

               E como se consegue? Claramente, sendo áxiles, flexibles, observando as tendencias sociais
               e de consumo e ofrecendo confianza en todos os puntos da cadea que comeza na persoa
               produtora e remata na persoa consumidora.

               Precisamente garantir confianza é o fin último das   Por que debemos certificarnos?
               certificacións, que hoxe xa non son unha opción
               senón unha necesidade se queremos vender os       Obvio. A distribución esíxeo cada día con máis
               nosos produtos ou servizos, xa que o consumidor   insistencia. Se queremos seguir sendo provedores
               ten á súa disposición moita información e infinitas   debemos estar listos para proporcionar á distri-
               opcións de compra que pasan por un consumo        bución os produtos ou servizos de calidade que
               cada vez máis responsable.                        nos demanda, pero, ademais, vainos esixir que
                                                                 o  demostremos  e  que  o  fagamos  no  momento
               As certificacións oficiais acreditan que os       porque o consumidor non espera e a distribución
               produtos ou servizos que ofrecemos cumpren        non ten tempo que perder.
               co requirido polas normativas, indo máis aló en
               moitas ocasións, sendo garantes do valor enga-    Non  agardemos  a  que  nolo  pidan,  teñamos  a
               dido que achega a nosa entidade e axudando        visión necesaria para saber que é algo nece-
               a diferenciarnos e destacar por tanto entre a     sario e afrontalo canto antes. O proceso esixe un
               competencia.                                      tempo de preparación, se o deixamos para máis
                                                                 adiante corremos o risco de que sexa tarde para
                                                                 unha distribución e un consumidor que non vai a
                                                                 estar disposto a agardar por nós.
   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17