Page 25 - revista agaca 168_web
P. 25

25

                                                                                         caderno técnico


               cun sistema de mellora continua co obxectivo de
               poder levar estas iniciativas a outros concellos.

               Actividades

               O modelo Habita Rural desenvólvese en fases con
               obxectivos complementarios.  A fase I centrouse
               na análise do territorio A: Ourol, Muras e Xermade.
               Identificáronse os axentes clave da zona, xerouse
               unha bolsa de vivendas e terras dispoñíbeis e
               redactouse o catálogo de oportunidades con
               alternativas de inserción nos tres concellos:
               sectores agrario-forestal, rehabilitación e reforma
               de vivenda e turismo.

               A fase II incidiu na habitabilidade do territorio A
               mediante a facilitación de vivenda e a consolida-
               ción da bolsa creada na fase anterior. Iniciouse a
               inmersión no rural e a capacitación de persoas
               vulnerables procedentes das cidades, que foron
               formadas nos sectores agrario e forestal, acadán-
               dose nese momento catro insercións laborais.

               Na fase III  afondouse na  repoboación da zona
               mencionada, continuando a inmersión de
               novos veciños a través do traslado ao rural e da
               súa capacitación en rehabilitación e reforma
               de vivenda.  Ademais, iniciouse a colaboración
               coa cooperativa CLUN, que se materializou en
               formacións especializadas en gandería de leite,
               e arrincou un proceso de análise da viabilidade
               dunha posible empresa de inserción. Nese
               período producíronse nove insercións laborais.       cidade  galega  e  con  vontade  e  coñece-
                                                                    mentos mínimos para desenvolver a súa
               Neste ano estase a desenvolver a IV fase no          actividade económica ou incorporarse ao
               territorio A, coa intención de consolidar aquí as    emprego no rural.
               actuacións, introducir novas temáticas na capa-
               citación e fortalecer a dinamización comunitaria   •  Acompañamento a través de itinerarios
               para ampliar recursos e axentes que faciliten        personalizados de inserción: as persoas
               o asentamento da nova veciñanza.  Ao tempo,          seleccionadas entran nun proceso de defi-
               iníciase a réplica nun novo territorio, denominado   nición dos seus obxectivos sociais e laborais,
               B: Vilasantar, Boimorto e Sobrado do Monxes, no      unha folla de ruta para a súa inserción no rural.
               que se aborda a Fase I de Identificación e Diag-     Unha vez deseñado este itinerario ábrense tres
               nóstico.                                             eixos de intervención: asesoramento, orienta-
                                                                    ción e prospección para o emprego.
               Este esquema materialízase nunha serie de activi-
               dades progresivas para o ano 2024:                •  Acompañamento na busca de emprego
                                                                    por conta allea: proceso de orientación que
               •  Identificación de axentes clave e creación        fomenta o acceso das persoas participantes
                  dunha rede de intercolaboración. Facilitará       a  formación  especializada e  ao  desenvolve-
                  e dinamizará o acceso á vivenda, ás terras e      mento das habilidades e prácticas necesarias
                  recursos produtivos e ao emprego na zona de       para mellorar o seu nivel de empregabilidade.
                  referencia. Desenvolverase só na zona B.
                                                                 •  Acompañamento e titorización no proceso de
               •  Identificación de persoas en situación de         creación de empresas: enfocado ás persoas
                  vulnerabilidade, residentes en calquera           participantes con iniciativas de emprende-

                                                                                                     Nº 168 Maio 2024
   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30