Page 21 - revista agaca 168_web
P. 21

21

                                                                                         caderno técnico































                Recibindo formación en gandería.

                                                                            Ecos do Sur explora estratexias
               Habita  Rural cruza  estes  dous  problemas para
               formular unha solución conxunta, creando un                    innovadoras para problemas
               modelo de intervención orientado a dinamizar o           recorrentes co fin de acadar unha
               territorio rural e facilitar o asentamento de novos   sociedade integradora e orgullosa da
               veciños  nel,  atendendo  a  dúas  necesidades
               fundamentais para estes fins: a vivenda e o                                súa diversidade.
               emprego. Este modelo xa está en marcha en
               varios municipios do norte de Galicia, pero pode   Esta bagaxe é a semente para a aposta actual
               ser adaptable e ampliable a outras zonas da       de Ecos do Sur por proxectos diferentes e innova-
               España baleirada.                                 dores. Coa vontade de achegar novas perspec-
                                                                 tivas, a organización proba estratexias diversas
                Ecos do Sur                                      aló onde o de sempre non acaba de funcionar,
                                                                 abrazan as novas tecnoloxías e sempre están a
               Ecos do Sur é unha asociación fundada na          argallar  novos xeitos de cumprir  a súa misión:
               Coruña en 1991, cun pequeno grupo de persoas      unha sociedade integradora e orgullosa da súa
               idealistas  con  vontade  de  pasar  á  acción  ante   diversidade.
               os problemas sociais.  A equidade, os dereitos
               humanos e as dificultades que afrontan os colec-  O día a día da asociación amosa a súa vocación
               tivos de migrantes, mulleres e persoas en risco de   por achegar solucións aos problemas sociais,
               exclusión para lograr unha vida próspera son a
               base da súa razón de ser.
                                                                                           Aprendendo a facer conservas.
               No transcurso destas décadas, ese círculo
               ensanchouse en colectivos de atención, en retos
               e tamén en territorio. A día de hoxe, a entidade
               conta  con preto  de  50  persoas  empregadas,
               dúas oficinas na Coruña e un departamento
               en Madrid. Unha fotografía actual que transitou
               por momentos fermosos, como a apertura da
               primeira grande oficina na avenida Finisterre da
               Coruña, pero tamén por períodos duros nos que
               aprenderon que a forza e a profesionalidade das
               persoas que conforman Ecos do Sur son o tesouro
               que sostén o seu labor.

                                                                                                     Nº 168 Maio 2024
   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26