Page 16 - revista agaca 168_web
P. 16

16

               tendencias



























                   Interviñeron: Anselmo Ríos, de RedFlexión; César Iglesias, da Fundación IN&FIAR; Benjamín Crespo, de Vivero Agromillora; Patricia
                   de Almandoz; Victor Novo, da Consellería do Medio Rural; Pedro Mansilla, experto en enfermidades da madeira; Beatriz Castiñeiras,
                            divulgadora EVEGA Ribadumia, e Carlos Alberte, da cooperativa Viña Costeira. Na imaxe, Anselmo Ríos.

               Xornada estratéxica sobre Viño


               Na xornada estratéxica centrada no viño, celebrada o 24 de abril, abordáronse cuestións de
               interese para o sector como a utilización das ferramentas dixitais, as posibilidades de obter
               clons  resistentes ás  enfermidades,  o  regulamento  ao  redor  dos  fitosanitarios  e  os  retos  que
               deben afrontar os viticultores tendo en conta o cambio climático, o uso dos fitosanitarios ou
               cambios no manexo.

                Intelixencia artificial                          zación máis efectiva das estratexias de comercia-
                                                                 lización e unha maior retención de clientes.
               As cooperativas vitivinícolas en Galicia están
               a recoñecer o potencial transformador  da            Mediante a análise de datos sensoriais
               intelixencia artificial (IA) nas súas operacións e
               estratexias competitivas.                                   e químicos, a IA pode contribuír
                                                                           á optimización dos procesos de
               Anselmo Ríos, CEO da consultora RedFlexión,                fermentación, almacenamento e
               presentou evidencias da conveniencia de inte-
               grar  a  IA  en  diversos  aspectos  da  actividade   embotellado, garantindo a consistencia
               profesional destas empresas para mellorar                  e excelencia do viño producido.
               significativamente a eficiencia e a calidade dos
               seus procesos de produción. Por exemplo, para     Outro aspecto importante é a súa aplicación na
               analizar grandes volumes de datos relacionados    mellora da calidade do produto final. Mediante
               co cultivo da vide, como  as condicións climá-    a análise de datos sensoriais e químicos, a IA
               ticas, o chan e o rendemento da colleita, o que   pode contribuír á optimización dos procesos de
               permite unha toma de decisións máis precisa e     fermentación, almacenamento e embotellado,
               fundamentada.                                     garantindo a consistencia e excelencia do viño
                                                                 producido.
               Ademais, a IA pode desempeñar un papel crucial
               na optimización da cadea de subministración e a    Clons Resistentes
               xestión loxística, axudando a prever a demanda,
               optimizar inventarios e reducir custos operativos.   Tanto a Fundación IN&FIAR como Vivero Agromi-
               No ámbito do márketing e as vendas, a IA pode     llora, a través dos seus responsables, César Iglesias
               ser empregada para segmentar e analizar datos     e Benjamín Crespo, avaliaron as posibilidades de
               dos consumidores, o que permite unha personali-   obter clons resistentes de variedades galegas a
                                                                 enfermidades (mildio e oídio).

                                  Nº 168 Maio 2024
   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21