Page 12 - revista agaca 168_web
P. 12

12

               tendencias

                                  AGACA aborda os retos dos


                    sectores lácteo, hortícola e vinícola en tres

                                        xornadas estratéxicas



























                     Na mesa, Julio Costas, catedrático de Dereito Mercantil e Dereito da Competencia da Universidade de Vigo, e Higinio Mougán,
                                                     director-xerente de AGACA.


               Xornada estratéxica sobre Vacún de Leite


               Na xornada estratéxica centrada no vacún de leite, celebrada o 25 de marzo, abordáronse
               diversos temas de relevancia para o sector. Os relatores: Carlos Ares, técnico de gandería de
               AGACA, abordou a situación actual dos contratos lácteos; Julio Costas, catedrático de Dereito
               Mercantil e Dereito da Competencia da Universidade de Vigo, aclarou cuestións relacionadas
               coa sentencia do Cártel Lácteo; Jesús J. Orellas, xefe do Servizo de Sanidade Animal da Conse-
               llería do Medio Rural da Xunta de Galicia, presentou un relatorio sobre a situación actual de
               dúas enfermidades que afectan o gando bovino: a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE)
               e a Enfermidade da Lingua Azul (ELA) e Victorio Collado e Yolanda Padilla, de Cooperativas
               Agro-alimentarias  de  España,  detallaron  as  novas  normativas  e  o  regulamento  de  Benestar
               Animal, respectivamente.



                Entregas de leite e tendencias                   apoiando  a  Resolución  da  Comisión  Nacional
                                                                 dos Mercados e a Competencia de xullo de 2019.
               Carlos  Ares resumiu os datos do  sector lácteo   As multas impostas a varias empresas lácteas e
               acadados ata o momento tanto no contexto          asociacións subliñan a gravidade desta infrac-
               nacional  como  en  Galicia:  entregas,  contratos   ción, que reduciu a competencia e o poder de
               e evolución dos prezos de venda, cambios nos      negociación dos gandeiros e gandeiras.
               custos  do carburantes e das materias primas e
               tendencias de mercado, entre outros puntos.       Para Costas, as reclamacións dos gandeiros son
                                                                 viables, destacando a necesidade de recompilar
                Cártel Lácteo                                    recibos e facturas para demostrar o impacto
                                                                 destes prezos pactados nos seus ingresos.
               O mes pasado, a Sala do Contencioso-Administra-
               tivo da Audiencia Nacional ratificou a existencia
               dun cártel entre empresas do sector lácteo,



                                  Nº 168 Maio 2024
   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17