Page 10 - revista agaca 168_web
P. 10

10

               tendencias

                       Estreamos marca Produto Cooperativo.


                                                      Únete!



               Se es cooperativa agroalimentaria asociada a AGACA e cumpres os requisitos, podes sumarte
               á nova marca colectiva Produto Cooperativo. Para coñecer máis detalles podes contactar
               directamente con nós, con Cooperativas Agro-alimentarias de España ou a través do formulario
               dende http://www.productocooperativo.es.

               A marca Produto Cooperativo nace coa preten-
               sión de que o consumidor visualice e recoñeza
               os produtos das cooperativas a través dos valores
               e principios diferenciais que defende o coopera-
               tivismo  e a súa contribución á  tripla sustentabi-
               lidade: social, económica e ambiental. Falamos
               con iso do impacto que xeran as cooperativas
               nos seus territorios, como empresas conformadas
               por profesionais da agricultura e a gandería que
               unidos tratan de levar os seus produtos —frescos
               e naturais— de maneira directa ao consumidor,     Para iso, había que buscar a intersección entre os
               que se comprometen coa súa contorna rural, que    valores que están asociados ao produto coope-
               non se deslocalizan, que cumpren os máis estritos   rativo —orixe e calidade do produto, compromiso
               requisitos nacionais e europeos en materia de     co territorio, valores sociais— e o que quere o
               seguridade  alimentaria,  respecto  ao  medio     consumidor de marca —sabor, naturalidade,
               ambiente e benestar animal. É, ademais, unha      orixe, calidade, frescura—, e nesa intersección
               forma de facer empresa diferente, na que o valor   traballamos para obter o slogan da marca. Ese
               xerado  retorna  ás  persoas  —aos  seus  socios  e   slogan, Sabor auténtico do campo, tamén foi
               socias, agricultores e gandeiros españois— e ao   testeado  mediante  unha  enquisa  en  liña  a  500
               territorio.                                       persoas.

                O máis valorado                                  Xa dispoñemos do logo, o seguinte paso é que as
                                                                 cooperativas vos sumedes a este proxecto para,
               O máis valorado polos consumidores de produtos    xuntos, sermos capaces de comunicar con forza
               cooperativos: orixe e calidade do produto,        o que significa marca Produto Cooperativo.  A
               compromiso co territorio, valores sociais e sabor,   idea final é promover unha campaña ambiciosa
               naturalidade, orixe, calidade, frescura.          de comunicación externa e de accións en punto
                                                                 de venda.
               Para deseñar a marca, desenvolveuse unha
               importante investigación para a que contamos                Os custos ocasionados por este
               coa consultora KANTAR, que, a partir dos achados
               do seu panel de máis de 12.000 fogares e unha       proceso poden imputarse ao Fondo de
               enquisa a unha selección de 1.200 deles que xa         Formación e Promoción Cooperativa.
               consumían produtos cooperativos,  recolleu inte-
               resantes conclusións que serviron para construír
               unha proposta sólida.                             Podes coñecer todos os requisitos e condicións
                                                                 de uso da marca a partir de diversos materiais
               Desta maneira, puidemos coñecer o que pensan      e guías de axuda que están á vosa disposición,
               os consumidores dos produtos cooperativos e,      pero o espírito que buscamos é que se poidan
               en especial, os atributos que máis valoran á hora   sumar moitas cooperativas de todos os tamaños,
               de realizar a compra e sobre os que podemos       grandes e pequenas, que elaboren produto final
               conectar para promover que adquiran os            con marca propia. Cantos máis sexamos, mellor.
               produtos das nosas cooperativas.






                                  Nº 168 Maio 2024
   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15