Page 20 - revista agaca 168_web
P. 20

20

               caderno técnico


                      Habita Rural: Un proxecto para revitalizar


                       o campo galego integrando a persoas

                      vulnerables, co apoio das cooperativas










































               ➠    Que acontece cando un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade
               nalgunha cidade de Galicia se traslada a zonas baleiradas do rural á busca de
               novas oportunidades de traballo, vida e futuro?

               Os camiños son diversos, os procesos de integración non adoitan ser doados e ás veces as
               expectativas, tanto de quen se traslada coma da comunidade que acolle, vense comprome-
               tidas polas dificultades do día a día. É un proceso delicado, que require de ensaios, observa-
               ción, sensibilidade e melloras. Dende esta perspectiva, a asociación Ecos do Sur lanzou en 2021
               o proxecto Habita Rural, que conta coa colaboración de AGACA e CLUN e que en 2024 terá
               actuacións en Xermade, Muras, Ourol, Vilasantar, Boimorto e Sobrado dos Monxes.

               O proxecto Habita Rural é o obxecto desta reportaxe.

                  Habita Rural soluciona dous problemas
                                                                 as sociedades avanzadas. En Galicia, estes
                     fundamentais: o despoboamento e
                                                                 procesos evolucionan segundo unhas caracte-
                      a falta de man de obra no rural e a        rísticas propias pero inseridas na tendencia xeral
                         inserción de persoas migrantes.         de Europa, na que conflúen aspectos como o
                                                                 envellecemento  da  poboación  autóctona  e  o
               O  crecente  despoboamento  do  rural  e  o  incre-  aumento  da  poboación  migrante  nas  cidades,
               mento das desigualdades nas áreas urbanas         que a miúdo atopa enormes obstáculos para
               son  dous  dos  grandes problemas  que  afrontan   atopar un emprego.

                                  Nº 168 Maio 2024
   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25