Page 22 - revista agaca 168_web
P. 22
22
caderno técnico
traballando de forma estreita coa comunidade,
con outras entidades amigas, co tecido empresa-
rial… e, especialmente, coas persoas que acoden
a Ecos do Sur. A proximidade e a empatía son
ingredientes da fórmula de Ecos do Sur, que se
plasma en itinerarios de inclusión sociolaboral
inidividualizados, nos que os recursos da entidade
se adaptan á persoa e non ao revés. E pivotando
ao redor da persoa están os servizos de emprego,
formación, saúde mental, mediación, atención
xurídica, traballo social e acollida.
Agro e cooperativismo
Ecos do Sur, como organización comprometida
coa contorna máis próxima, ten unha traxectoria Participantes da edición 2022.
longa no eido do agro e o cooperativismo. Malia
ser unha asociación implantada na urbe, no ano
2006 comezou a traballar, cunha perspectiva
inclusiva, na dinamización do rural a través das
oportunidades de inserción laboral. En 2008 inte-
grouse no Grupo de desenvolvemento Rural de As
Mariñas-Betanzos.
A crise económica en España dende 2008 ata
principios da década de 2010 revelou que as
áreas rurais poderían ser unha alternativa de vida
e de emprego para moitas persoas que pade-
cían as penurias do incremento da pobreza e as
desigualdades no medio urbano.
En 2016 Ecos do Sur asumiu o desenvolve-
mento dunha nova liña de emprego verde, que
incluía oportunidades formativas en agricultura
ecolóxica para persoas migrantes, desempre-
gadas ou en situación de especial vulnerabili- Recibindo formación en horta.
dade. A vinculación de mellores posibilidades de
traballo e de vida coa dinamización do medio
rural e un impacto positivo no medio ambiente
era parte fundamental da filosofía de intervención
de Ecos do Sur. A entidade aliouse con varias insti-
tucións: a Xunta de Galicia, o Concello de Arteixo,
Cáritas de Ordes ou a Asociación Renacer para
materializar esta filosofía establecendo alianzas e
xerando coñecemento e confianza nos territorios
intervidos.
A partir de 2019, en colaboración coa Rede
Eusumo, Ecos do Sur ampliou o seu traballo cara
ás cooperativas agroalimentarias, incidindo
na economía social e a contorna rural como
oportunidades de futuro para persoas migrantes
en exclusión e para os territorios baleirados. Este
modelo, conxuntamente con proxectos coma
Sementando Alternativas, Inmigra ou a xestión de
Formándose en compostaxe.
Nº 168 Maio 2024

