Page 46 - revista agaca 167_web
P. 46

46

               novas
                 AGACA e AGAFAC explican a realidade do sector

                                      ante a prensa estranxeira


               O director-xeral de AGACA, Higinio Mougán, e o da Asocia-
               ción Galega de Fabricantes de  Alimentos Compostos,
               AGAFAC, Bruno Beade, participaron nunha charla -coloquio
               desenvolvida no Centro Internacional de Prensa co fin de
               aclarar a situación que está a vivir o sector afastando o
               foco de novas falsas ou partidistas.

               Ambos os participantes estiveron de acordo na impor-
               tancia de acadar políticas de protección ambiental, pero
               esixindo a participación do sector nas negociacións.
               Beade explicou o funcionamento dos mercados dos
               pensos, a súa dependencia dos movementos xeopolíticos
               dende unha óptica mundial, a suxeición ás cotizacións bursátiles, sendo un campo fortemente vinculado
               á especulación, e como a implantación de normativas no ámbito da Unión Europea pode imposibilitar a
               fluidez nos mercados con outros países produtores extracomunitarios ata o punto de bloquear as transaccións
               mercantís.

               Mougán denunciou certa hipocrisía á hora de impoñer medidas ambientais cuxa implantación supón un
               maior custo enerxético e contaminante que a práctica que se pretende modificar e a utilización do agro
               como unha moeda de cambio para favorecer a mercados doutros sectores, ademais da parcialidade nas
               opinións vertidas por «certas elites sociais» que verten ideas incertas sobre o sector contribuíndo a lanzar unha
               mala imaxe sobre agricultores e gandeiros.

                         Ternera Gallega asina un convenio de
                                        colaboración con Froiz


                                                               A cadea galega Distribuciones Froiz e a IXP Ternera Gallega
                                                               manteñen o seu compromiso coa comercialización de
                                                               carne de tenreira certificada e formalizan un convenio de
                                                               colaboración  entre  ambas  as  entidades,  que  consolida
                                                               máis de 30 anos de traballo conxunto e de aposta polo
                                                               vacún galego de calidade.
                                                               Mediante o acordo formalizado, o produto amparado por
                                                               Ternera Gallega chega a 259 establecementos, tanto de
                                                               Galicia coma de fóra da comunidade.




                     Os viños de Viña Almirante, en

                                 racha de premios


               A cooperativa vitivinícola Viña Almirante (Portas-Caldas de Reis) está de parabén
               cos seus viños de uva albariña neste 2024.
               Na Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia 2024 acadaron premios os
               viños: Vanidade 2022, Pionero 2022, Viña Almirante Caíño Branco 2021, Viña Almi-
               rante 2022, Maccerato 2022 e Vicius 2022, logrando o Gran Oro co Vicius 2022.
               A adega ten previsto continuar presentado os seus viños a máis certames nos
               vindeiros meses.


                                  Nº 167 Marzo 2024
   41   42   43   44   45   46   47   48   49   50   51