Page 48 - revista agaca 167_web
P. 48

48

               novas


                     ADSG AIRA analiza a incidencia da EHE en
                                             España e Galicia



               O equipo veterinario de ADSG AIRA organizou, o
               21 de febreiro, unha xornada formativa no Audi-
               torio de Chantada dirixida ás persoas socias da
               ADS de Palas de Rei, Chantada, Carballedo e
               Taboada. A cita contou con diversos profesio-
               nais para abordar a Enfermidade Hemorráxica
               Epizoótica.
               Alberto Díez, veterinario clínico especialista en
               ruminantes e profesor  asociado de Sanidade
               Animal da Facultade de Veterinaria da Univer-
               sidad Complutense de Madrid, contextualizou a
               evolución da enfermidade no noso país, tratou
               a morbilidade e a mortalidade, ademais das
               secuelas que deixa nas ganderías, e expuxo
               medidas de control e prevención. Víctor Collado, técnico do departamento de Gandería en Cooperativas
               Agro-alimentarias de España, incidiu en que o sector, os veterinarios e a administración tiveron que afrontar
               con bastante descoñecemento o avance e desenvolvemento da enfermidade e expuxo algúns dos estudos
               que se están levando a cabo na actualidade.
               Antes da mesa redonda final, Xosé Lois Arias Pérez, xefe da área de Servizos Veterinarios de Medio Rural de
               Monforte de Lemos, expuxo as condicións para o movemento do gando, os datos que hai en Galicia sobre a
               enfermidade e as indemnizacións previstas pola Consellería.




                A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario
                                Vacas oferta dúas bolsas para

                                          estudos de posgrao



               En concreto convócanse dúas bolsas cun límite
               máximo de dotación de 40.000 euros cada unha
               para o estudo dun máster nunha universidade de
               recoñecido prestixio nacional ou estranxeira.
               A contía da bolsa poderá utilizarse para cubrir
               gastos de matrícula e aloxamento. O importe final
               dependerá da localización do centro no que se
               realicen os estudos e do custo do programa do
               máster.
               Para poder optar a algunha das bolsas, os soli-
               citantes deberán ter un título universitario, ter
               vinculación con Galicia, podendo ser estudantes
               recentemente licenciados ou profesionais que xa
               estean a traballar na actualidade.
               O prazo de solicitude estará aberto ata o 31 de
               maio e as solicitudes, do mesmo xeito que as bases
               desta convocatoria, poderán atoparse na páxina web  www.fundacioncruralnotario.gal no apartado de
               convocatorias.


                                  Nº 167 Marzo 2024
   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52