Page 47 - revista agaca 167_web
P. 47

47

                                                                                                    novas

                           Remata a 15 edición do curso sobre

                 Certificacións de Calidade e medioambientais


               Nestes días vén de rematar a primeira edición das catro
               previstas para este ano (no reconto xeral dende que se
               inicia  a  impartición  desta  formación  correspóndelle  o
               número 15) dun dos cursos con maior aceptación dos
               ofrecidos por AGACA.
               O curso gratuíto «A economía social e a modernización
               do sector agroalimentario: Certificacións de calidade e
               medioambientais» comezou o 1 de febreiro e rematou o
               17 de marzo. Unha vantaxe é que pode seguirse a través
               dunha plataforma de teleformación que permite ao
               alumnado avanzar ao seu ritmo e acceder aos materiais
               formativos en calquera momento.
               A segunda edición desenvolverase entre o 1 de abril e o
               12 de maio. Para máis información pode consultarse a nosa páxina web: www.agaca.coop

               Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede
               de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
               da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía
               social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.




                    AGACA e O Rodo promoven a participación
                            feminina no sector agroalimentario






















               Mulleres socias de O Rodo aceptaron a proposta da cooperativa (asentada na localidade pontevedresa
               de Rodeiro) de participar, coa colaboración de AGACA, nunha xornada enfocada a animar a unha maior
               presenza feminina nas actividades e reunións promovidas pola cooperativa.
               A autoestima foi un dos aspectos tratados en maior profundidade, ao terse detectado tras múltiples estudos
               que é un factor decisivo á hora de adoptar un papel activo dentro dunha organización. Outro dos puntos
               analizados foi a incidencia do plano emocional sobre a motivación e comportamento das persoas.
               Esta actividade é posible por unha actuación financiada a través do Programa de Asistencia Técnica 2024
               enmarcado dentro das actuacións do convenio MAPA-Cooperativas Agro-alimentarias de España para o
               desenvolvemento de diversas actividades de mellora da competitividade e modernización das cooperativas
               agroalimentarias e a formación, igualdade e remuda xeracional en consellos reitores.



                                                                                                     Nº 167 Marzo 2024
   42   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52