Page 49 - revista agaca 167_web
P. 49

49

                                                                                                    novas


                    José Manuel Ferreño, novo director xeral de

                                                Vegalsa-Eroski


               Ferreño, con grande experiencia en distribución
               comercial e gran consumo, substituirá no cargo ao
               actual director xeral da compañía, Joaquín González
               Iglesias, que deixa esta responsabilidade despois de
               25 anos. González acompañará a Ferreño no seu
               cometido uns meses, durante o período de transi-
               ción tras o que continuará ligado á compañía como
               accionista do grupo familiar.
               O novo director xeral é licenciado en Empresa Finan-
               ceira e Informática de Xestión pola Universidade
               da Coruña e PADE (Programa de Alta Dirección de
               Empresas) en IESE Business School. Ten desenvolvido
               a súa traxectoria profesional en diferentes compañías
               do sector agroalimentario, loxístico e tecnolóxico.






                    V Semana Universitaria da Economía Social


               Co título de «Que é a Economía Social?», o
               acto central da  V Semana Universitaria da
               Economía Social na Universidade de Santiago
               (USC) reuniu a decenas de estudantes que
               escoitaron relatorios de representantes de dife-
               rentes entidades relacionadas con este modelo
               económico. Carmen Rodríguez, presidenta de
               AGACA, foi unha das relatoras, en calidade de
               vicepresidenta do Foro pola Economía Social
               Galega, para explicar o concepto de Economía
               Social.
               Ademais, interviñeron a conselleira de Promo-
               ción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, Elena Rivo; o decano da Facultade, Xoán Doldán; o
               vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijoo; a directora do Centro de Estudos
               Cooperativos de Galicia (CECOOP), Maite Cancelo, e, en representación dalgunhas entidades de economía
               social: Xaime López, de Urdime S. Coop. Galega; Rubén da Silva, de Ozono Multimedia SLL; Luís Penido López,
               do Centro Especial de Emprego Trameve, e Víctor Manuel Blanco, da Asociación Primicias Raíña, EIL (Asocia-
               ción Raíña Paraíso).
               A V Semana Universitaria da Economía Social Está promovida pola Rede ENUIES (do Centro Internacional de
               Investigación e información sobre a economía pública, social e cooperativa CIRIEC-España), que se constituíu
               en 2003 co fin de coñecer mellor o labor que realizan os centros e institutos universitarios de investigación en
               Economía Social e para permitir desenvolver máis a cooperación científica entre eles.









                                                                                                     Nº 167 Marzo 2024
   44   45   46   47   48   49   50   51   52