Page 45 - revista agaca 167_web
P. 45
45
novas
Vantaxes para as cooperativas socias. Información no 981 584 783
AGACA asina un convenio coa
Axencia Tributaria de Galicia
A Asociación vén de firmar un convenio de colaboración con ATRIGA,
a Axencia Tributaria de Galicia, que permite ás cooperativas socias
presentar, en nome de terceiras persoas, as declaracións e liquidacións
correspondentes ao ámbito tributario de Galicia.
Os trámites abarcarían cuestións como o imposto sobre transmisións
patrimoniais e actos xurídicos documentados, o imposto sobre suce-
sións e doazóns, o imposto especial sobre determinados medios de
transporte unha vez que a Comunidade Autónoma solicite o traspaso
dos servizos adscritos ou a taxa fiscal sobre rifas, tómbolas, apostas e
combinacións aleatorias e sobre xogos de sorte, envite ou azar.
Acordo de cooperación en materia
formativa con ILUNION
A través deste acordo, a Asociación
comprométese a colaborar na divul-
gación da oferta formativa promo-
vida por Ilunion Capital Humano,
entidade orientada a ofrecer
servizos integrais ás empresas. Neste caso, o programa circunscríbese aos proxectos formativos da FUNDAE
para economía social.
Entre outros, ofértanse cursos sobre ciberseguridade, elaboración de contidos dixitais, trámites coa Adminis-
tración Pública mediante firma dixital, mellora da produtividade con MS365, traballo colaborativo con ferra-
mentas na nube ou tendencias no uso das tecnoloxías dixitais, por exemplo.
As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información na ligazón:
https://economiasocial.fundae.es/landing/agaca
Descontos en servizos de consultoría, innovación,
formación ou márketing dixital co grupo Isonor
Hai cuestións capitais para as empresas cooperativas que, en ocasións,
son fonte de dúbidas e incertezas como as relativas a protección de
datos, prevención de riscos laborais, vixilancia da saúde, formación,
márketing dixital, procesos e custos, recursos humanos, servizos xurí-
dicos, marcas e patentes etc.
Co fin de proporcionar solucións profesionais ás necesidades das
nosas entidades socias, dende a Asociación vimos de subscribir un
acordo co Grupo Isonor mediante o cal as cooperativas que contraten
algún servizo con esta firma a través de AGACA terán dereito a vantaxes
exclusivas.
Nº 167 Marzo 2024