Page 45 - revista agaca 161_web
P. 45

45

                                                                                                    novas
                 O Rodo recoñece publicamente o labor do seu

                              ex presidente, José Luis Camiñas


               A celebración do Xantar de Confraternidade
               que vén celebrando a cooperativa O Rodo con
               carácter anual acolleu nesta ocasión un momento
               sinalado, xa que, ademais de servir como espazo
               de encontro informal entre socios e socias, serviu
               para homenaxear a figura do seu ex presidente
               José Luis Camiñas.
               Camiñas exerceu como máximo representante
               da entidade durante 13 anos ata que anunciou
               a súa retirada o pasado mes de xuño durante a
               celebración  da  asemblea  xeral  da  cooperativa
               para dedicar máis tempo á súa familia.


                 Martín Códax, recoñecida como mellor adega
                                  aberta ao turismo de España


                                                         Adegas Martín Códax foi elixida mellor Adega Aberta ao
                                                         Turismo de España nos VI Premios de Enoturismo «Roteiros
                                                         do Viño de España», que outorga cada ano a Asociación
                                                         Española de Cidades do Viño (ACEVIN).
                                                         Estes premios supoñen un recoñecemento público ao labor
                                                         e o esforzo no desenvolvemento da oferta enoturística de
                                                         calidade  por  parte de  centos  de empresas integradas
                                                         en Roteiros do Viño de España. Concretamente, con esta
                                                         distinción, valórase á adega pola «extraordinaria adecua-
                                                         ción  enoturística  dos  seus  espazos,  a  súa  calidade  e
                                                         aposta pola sustentabilidade, así como pola ampla gama
                                                         de servizos e experiencias ofertadas, renovados periodica-
                                                         mente e resaltando os valores e tradicións locais».



                        O presidente de APE Galicia enxalza ao
                       colectivo autónomo no XII Congreso das

                             Persoas Traballadoras Autónomas


               Despois dun ano de parón debido á pandemia
               da COVID-19, o 5 de novembro máis de 200
               persoas de toda Galicia reuníronse no Hotel
               Carlos I de Sanxenxo para celebrar o XII
               Congreso das Persoas Traballadoras Autónomas,
               organizado por APE Galicia. O evento ten como
               obxectivo principal recoñecer, visibilizar e home-
               naxear a labor e o éxito das persoas traballa-
               doras autónomas.
               No acto distinguiuse con galardóns a sete autó-
               nomas e autónomos, para recoñecer desta maneira as súas traxectorias profesionais e o esforzo realizado
               para sacar adiante ás súas empresas, e entregáronse dous premios especiais.


                                                                                                        Nº 161 Decembro 2022
   40   41   42   43   44   45   46   47   48   49   50