Page 47 - revista agaca 161_web
P. 47
47
novas
Innovación, emprendemento e retos para o
sector alimentario, claves do Infoday da
V Edición de BFFood
Business Factory Food (BFFood), a aceleradora
do sector alimentario de Galicia impulsada pola
Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimen-
tario de Galicia (Clusaga), desenvolveu o 4 de
novembro en Santiago de Compostela a xornada
denominada Infoday, onde se expuxeron as claves
da V Edición que viña de abrirse.
BFFood busca captar o talento de ata 16 iniciativas
innovadoras de emprendemento, en fase de acele-
ración ou consolidación, de procedencia nacional
ou internacional, para dar resposta aos retos do
sector alimentario de Galicia. O prazo de presen-
tación de proxectos pechouse o 20 de decembro.
O director de Clusaga, Roberto Alonso, puxo en valor «o percorrido dos 47 proxectos innovadores impulsados
nas catro edicións anteriores de BFFood». A continuación, Patricia Fernández, directora da Área de Servizos
de GAIN, salientou que a aceleradora «abre a porta á innovación e ao mercado, dando unha oportunidade
única para que emprendedoras e emprendedores ofrezan solucións e amosen a súa valía». Francisco Javier
Pereiro, director xeral de FEUGA, pola súa parte, puxo o acento «na forza do sector foodtech en España, que
representa unha das grandes áreas de emprendemento no noso país».
De seguido, Emilio Corchado, CEO e fundador de Startup Olé, presentou unha visión integral do panorama
actual do ecosistema de innovación e emprendemento en España. Tamén participaron representantes de
proxectos impulsados en anteriores edicións de BFFood relatando a súa experiencia: Maruxa Quiroga, CEO
e cofundadora de TasteLab & SENSESBIT; Alfredo Bermúdez de Castro, CEO e cofundador de Healthinfoodsl, e
Víctor J. Calvo, CEO e director xerente de MUUTECH.
Chini Porro, xefa de Xestión I+D e Proxectos da entidade Nueva Pescanova, unha das 22 empresas tractoras
de BFFood, exerceu como moderadora e Fany Suárez, subdirectora da Oficina Galicia Emprende do IGAPE,
salientou «a grande implicación do sector alimentario na BFFood, tanto das empresas tractoras coma do
propio Clúster Alimentario de Galicia»
Os participantes da mesa salientaron que grazas a BFFood tiveron a «oportunidade de entrar a traballar
no sector alimentario, adquirindo experiencia, testeando ideas da man de empresas líderes e adquirindo
experiencia industrial».
Vilagarcía de Arousa acolleu un Obradoiro
sobre Comunidades de Montes
Segue o interese por informarse e formarse na xestión das superficies
forestais galegas. A finais de outubro desenvolvíase un novo obradoiro
especializado dividido en cinco xornadas temáticas: iniciativas innova-
doras na valorización dos montes veciñais no medio rural, gobernanza
e organización cooperativa das Comunidades de Montes Veciñais,
fizcalidade, titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais
e instrumentos de ordenación e xestión forestal. Esta actividade enmár-
case no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo
é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio
ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de
Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo
e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de
Traballo e Economía Social.
Nº 161 Decembro 2022

