Page 48 - revista agaca 161_web
P. 48

48

               novas
                                 En marcha o proxecto FEADER

                 «Desenvolvemento de novos produtos cárnicos

                          de porco celta sen aditivos artificiais»


               AGACA está a colaborar no proxecto «Feader 2022-001A, Desenvolvemento de novos produtos cárnicos de
               porco celta sen aditivos artificiais» que busca elaborar produtos cárnicos diferenciados a partir de porco celta,
               co selo «100% raza autóctona», empregando ingredientes naturais e co menor número posible de aditivos.
               Colabora na divulgación desta iniciativa, que está tamén participada por: a fábrica de embutidos artesáns O
               Rualdi, o Centro Tecnolóxico da Carne, CETECA, a Asociación de Porco Celta, CETECA, e ASOPORCEL, Asocia-
               ción de Criadores da raza Porcino Celta.
               Neste senso, apóstase por mellorar a produción do sector cárnico compaxinando sabor, saúde e nutrición
               en produtos clean label (sen aditivos nin ingredientes artificiais). Unha vez elaborados os produtos, avaliarase
               a súa calidade coa determinación de parámetros fisicoquímicos e nutricionais, estudos de vida útil e unha
               análise sensorial.
               O Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) ten como obxectivo apoiar a transición cara a
               un sector agrícola plenamente sostible e o desenvolvemento de zonas rurais dinámicas.








                   Arranca o Plan de acción para a mellora da

                 sostibilidade nas producións cárnicas galegas


               Este proxecto, o Feader 2022-044B, no que tamén participa AGACA, pretende adaptar o cálculo da pegada
               ambiental ás produtividades locais cárnicas de vacún, porcino, polo e ovino en extensivo, co fin de propor-
               cionar unha visión realista do seu impacto no territorio, considerando os indicadores máis apropiados para
               cada produción.

               Búscase tamén promover a potencialidade deste sistema entre a gandería galega, como ferramenta compa-
               rativa entre as distintas rexións, ao tratarse dun sistema de concienciación ambiental que implica a toda
               Europa.

               Ademais de AGACA, traballan no proxecto as cooperativas A Carqueixa e Tres Fuciños, xunto co CETECA e
               a gandeira autónoma Vanessa Díaz. A iniciativa forma parte dos Fondos Europeos Agrícolas de Desenvolve-
               mento Rural (FEADER).

                 Feiraco recupera a figura do apalpador nunha

                                            iniciativa solidaria


               A marca de leite de Clun vén de activar unha nova iniciativa
               solidaria co obxectivo de de axudar a reforestar os montes
               queimados do concello de Folgoso do Carurel. Serán 300.000
               envases dos que se doará un céntimo por cada litro de leite
               sumando, en total, 3.000 euros.
   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52