Page 49 - revista agaca 161_web
P. 49
49
novas
CLUN celebra seis años con certificación
bienestar animal
A cooperativa CLUN alcanza as puntuacións máis altas, con
nota de bo e excelente, en todas as granxas socias que
están certificadas baixo o selo de benestar animal. Suman
xa un total de setenta e cinco granxas (case sete mil vacas).
A cooperativa celebraba ademais seis anos con esta
certificación nas súas granxas. En 2016 convertíase nunha
cooperativa pioneira sendo a primeira en certificar as súas
ganderías socias en benestar animal con AENOR. Agora, seis
anos despois, superou a fase pre-inicial e inicial do certifi-
cado e pasa á fase de experimentado, posicionándose,
unha vez máis, como líder cooperativo neste ámbito.
Para celebralo, CLUN organizou un encontro con profesionais gandeiros asociados e co equipo técnico
da cooperativa nunha gandería de Touro (concello próximo a Santiago). Ao evento asistiron Jose Balseiros,
director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Ana Méndez directora-xerente de Galicia
Calidade, e Javier Mejía e José R. Coello, director de negocio e director de Galicia de AENOR.
Ademais da celebración, tamén se realizaron entregas de recoñecementos ás ganderías que obtiveron o selo
e todos os asistentes puideron gozar dunha visita guiada polas instalacións da gandería.
Pazo Baión recibiu en VI Edición Premios
2022 un 25% máis de Exceleite
visitantes
As granxas galegas estiveron de celebración
Con respecto a 2021, a adega cooperativa propie- a finais de novembro cando, organizado pola
dade de Condes de Albarei aumentou o número de conselllería do Medio Rural, se entregaron os
visitantes nun 25%. premios Exceleite á excelencia hixiénico-sanitaria
das explotacións leiteiras de leie cru de vaca
Co fin de celebrar este dato tan positivo, Pazo Baión 2022.
organizou unha xornada de portas abertas coinci-
dindo co Día Europeo do Enoturismo, o pasado mes
de novembro. Entre outras nacionalidades visitaron
a bodega enoturistas de máis dunha trintena de
países tanto anónimos como xornalistas especia-
lizados, blogueiros, influencers, sumilleres ou chefs,
por exemplo.
Nº 161 Decembro 2022

