Page 46 - revista agaca 161_web
P. 46
46
novas
Feiraco reivindica á muller rural no concello
máis leiteiro de Galicia co artista Mon Devane
A Asociación Mulleres de Seu, da cooperativa Clun
e a emblemática marca Feiraco, celebrou o 14 de
outubro diversos actos para reivindicar á muller rural
con ocasión do Día Internacional da Muller Rural.
Entre as actividades desenvolvidas figurou a presen-
tación dun mural de máis de nove metros de altura
creado polo artista Mon Devane no corazón do
concello de Mazaricos. O programa incluíu unha mesa
de nove mulleres gandeiras da Asociación Mulleres
de Seu que compartiron as súas experiencias baixo o
lema «Mulleres rurais: raíces e futuro dá a nosa terra».
Carmen Rodríguez, presidenta de Mulleres de Seu,
vicepresidenta da cooperativa CLUN e presidenta de
AGACA, explicou: «Un mellor rural, un rural vivo e inno-
vador, pasa porque as mulleres do mundo rural teñamos o protagonismo que nos corresponde na historia, no
presente e no futuro».
O encontro foi amadriñado por representación da Consellería de Igualdade Emprego, coa presenza da secre-
taria xeral Susana López Abella, e da Consellería do Medio Rural, con Mª Luisa Boquete Pumar, secretaria xeral
da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, así como do alcalde de Mazaricos, Juan Blanco.
III Encontro de Xóvenes Cooperativistas en
Valladolid
Arredor de cen xóvenes socias e socios de coope-
rativas provenientes de 12 Comunidades autónomas
—entre quen se atopaban Nicolás Vieites, Nicolás
Pérez e Antonio Dopazo, de Martín Códax— reflexio-
naron e debateron sobre as accións necesarias para
fomentar a substitución xeracional no sector agroa-
limentario, e máis concretamente nas cooperativas,
nun encontro os días 26 e 27 de outubro na adega
Cuatro Rayas, situada en La Seca, (Valladolid), nun
evento organizado por Cooperativas Agro-alimen-
tarias de España e URCACYL, coa colaboración do
Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e
Santander Agro.
O problema da remuda xeracional no sector agrario
foi o principal problema tratado, pola gran preocu-
pación que supón para as cooperativas. A día de hoxe, a mocidade representa só o 10% da base social en
cooperativas, o 8,7% forma parte dos consellos reitores e case un 4% é presidente ou presidenta de coopera-
tivas.
Unha das principais razóns do III Encontro foi a presentación do Grupo de Traballo de Xóvenes cooperativistas
de Cooperativas Agro-alimentarias de España que, entre outros obxectivos, persegue proxectar a voz da
mocidade cooperativista, transmitir as súas inquietudes e propostas cara ás cooperativas, á sociedade e ás
administracións, e atraer a máis persoas mozas a estas entidades para fomentar unha maior participación e
implicación nos Consellos Reitores.

