Page 46 - revista agaca 156_web
P. 46

46

               novas

                             Nace Lola, o espumoso de Paco&Lola




               «Un espumoso galego elaborado con uva albariño seguindo o método tradicional. Un brut
               único con 24 meses de crianza en rima». Así defende a adega cooperativa Paco&Lola este
               novo produto, que vén de saír ao mercado cunha produción limitada a só 8.282 botellas.
               Cunha posta en escena impactante, a firma apostou por entrelazar tradición e vangarda coa
               moda e a música, presentando o espumoso cun spot publicitario rodado no Teatro Principal de
               Santiago de Compostela onde a canción escollida, «Midas», do grupo Tanxugueiras, fusión de
               música tradicional galega con sons urbanos, serve de fondo á interpretación do artista coruñés
               Xurxo Fernandes, quen loce un vestiario deseñado para a ocasión pola firma, tamén galega, Ïk.
               Studio, que reinterpreta o traxe tradicional galego con toques contemporáneos.






                            CLUN sobe o prezo do leite por terceira

                                              vez en seis meses


               A cooperativa galega CLUN anunciou unha nova suba nos
               prezos pagados ás persoas produtoras de leite socias da
               cooperativa pola recollida do leite en orixe, co fin de contri-
               buír a garantir a rendibilidade das explotacións lácteas
               ante as subidas nos custos de produción, tales como a
               electricidade ou os combustibles.
               Esta é a terceira suba anunciada por CLUN en seis meses.
               A medida súmase a outras accións xa implantadas na
               cooperativa para compensar a subida dos custos de produ-
               ción que afectan ás explotacións gandeiras, como o axuste
               á baixa na tarifa dos pensos.

               «Estamos realmente preocupados pola situación, e dende a cooperativa CLUN están a tomarse todas as
               medidas posibles para rebaixar as presións que soporta o produtor, dende subir o prezo do leite en orixe ata
               tratar de conter o máximo posible o prezo dos pensos», sinala Juan Gallástegui, secretario xeral de CLUN.



                                                                    Campo Capela

                                                             prepara lotes de Nadal



                                                       A cooperativa Campo Capela, especializada na elaboración
                                                       de  queixos e  requeixo, preparara  lotes  de  produtos  de  alta
                                                       calidade, como suxestión para agasallar este Nadal. Máis aló
                                                       da queixería situada na Capela (A Coruña), a tenda coa que
                                                       contan en Pontedeume e o posto co que contan no mercado
                                                       municipal téñense convertido en auténticos escaparates dos
                                                       tradicionais e tamén innovadores produtos elaborados pola
                                                       cooperativa.
   41   42   43   44   45   46   47   48   49   50   51