Page 47 - revista agaca 156_web
P. 47
47
novas
Nace a Fundación Caixa Rural Galega Tomás
Notario para promover a investigación no ámbito
agroalimentario
O que fora alcalde de Lugo entre os anos
1976 e 1977 e entre 1991 e 1995, Tomás
Notario Vacas, e o presidente de Caixa
Rural Galega, Manuel Varela, presentaron
o pasado mes de outubro a «Fundación
Caixa Rural Galega Tomás Notario»
que nace cunha dotación inicial de
200.000 € e que completará ata, polo
menos, cun millón de euros, achegando
cada unha das partes a metade destas
cantidades.
A súa finalidade será a de promover a investigación e a educación, de forma prioritaria no sector agroalimen-
tario e forestal, con especial atención aos estudos superiores en prol de perseguir a excelencia e especializa-
ción en ámbitos que poidan reverter no progreso e a mellora de actividades produtivas nos sectores citados.
Outro dos obxectivos buscados é a loita contra o despoboamento do medio rural, en tanto que se priorizan
os sectores agroalimentario e forestal, con gran potencial en Galicia e con capacidade para fixar poboación
no medio rural.
Presentado o Plan de Fomento da Intercooperación
no sector lácteo galego
O 23 de novembro presentamos en Santiago
de Compostela, ante representantes das
cooperativas leiteiras, o «Plan de Fomento
de la Intercooperación en el Sector Lácteo
de Galicia» unha publicación patrocinada
polo Ministerio de Agricultura, Pesca e
Alimentación en cuxa elaboración parti-
cipou AGACA. A actividade enmárcase no
Convenio existente entre o Ministerio de
Agricultura, Pesca e Alimentación e Coope-
rativas Agro-alimentarias de España para o
desenvolvemento de diversas actividades
de mellora da competitividade e moderni-
zación das cooperativas agroalimentarias e
a formación, igualdade e relevo xeracional
en consellos reitores.
Para a emisión do Informe tomáronse en conta os resultados dunha enquisa levada a cabo entre as coopera-
tivas que deixou translucir a necesidade de continuar incrementando a produtividade nas explotacións para
competir en igualdade cos gandeiros doutros países.
O documento pode consultarse íntegro na web de AGACA www.agaca.coop.
Nº 156 Decembro 2021