Page 48 - revista agaca 156_web
P. 48

48

               novas
                 Joaquín González Iglesias recibe a medalla de ouro

                              do Círculo de Empresarios de Galicia


               A finais de novembro, o director xeral da
               compañía galega de  distribución alimen-
               taria  Vegalsa-Eroski, Joaquín González
               Iglesias, recibiu o máximo recoñecemento
               do  Círculo  de  Empresarios de  Galicia,  a
               medalla de ouro, ademais de ser nomeado
               socio distinguido desta institución. O
               galardón foi entregado polo presidente da
               Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
               O acto de entrega da Medalla tivo lugar en
               Vigo, no transcurso do evento conmemora-
               tivo  do XXIX aniversario da entidade.



                                          Ternera Gallega estrea

                      a segunda tempada da súa Escola de Cociña


               A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega lanzou
               en Youtube e noutras redes sociais a segunda  tempada
               da súa Escola de Cociña, que contará con ata 13 novas
               videorreceitas.

               Da man do chef de Grupo Nove, Javier Rodríguez «Taky»,
               a Indicación  Xeográfica Protexida ensinará a coñecer
               mellor o produto e os seus cortes  para potenciar o seu
               sabor e a súa versatilidade na cociña. Inclúe prepa-
               racións para todos os gustos, dende pratos rápidos  e
               sinxelos ata grandes guisos para compartir, sen esquecer
               as  propostas máis saudables ou divertidas
               Como novidade nesta edición, a Escola de Cociña de Ternera  Gallega ofrece a consumidores e consumi-
               doras información culinaria sobre  cada un dos cortes ou pezas do vacún.


                          Sempre na nosa memoria, José Sancosme


                                                  Como presidente da  cooperativa Os Irmandiños dende 1993 ata
                                                  2010, José Sancosme sempre se caracterizou por defender o move-
                                                  mento cooperativo e especialmente á entidade que el represen-
                                                  taba e que axudou a fundar en 1976.

                                                  Agricultor e gandeiro, de Ribadeo, non pasaba desapercibido.
                                                  Lembramos con agarimo o seu carácter aberto, simpático e
                                                  cargado de retranca co que sempre arrancaba os sorrisos dos
                                                  asistentes ás  distintas Xornadas  e reunións  que  organizabamos
                                                  dende a Asociación, das que foi un incondicional ata que deixou a
                                                  presidencia da cooperativa.

                                                  Pepe, aínda que nos deixaches en outubro, a túa figura permane-
                                                  cerá na nosa memoria para sempre.
   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52