Page 49 - revista agaca 156_web
P. 49
49
novas
Vegalsa-Eroski remata a construción da plataforma
loxística máis grande do sector da
alimentación en Galicia
Situada no polígono empresarial de Sigüeiro (A Coruña), está
previsto que entre en funcionamento a partir do segundo
trimestre de 2022. Sumando esta ampliación de 14.000m2 ao
bloque loxístico xa existente de 37.000m2, convértese na infraes-
trutura loxística máis grande do sector da alimentación en
Galicia, alcanzando os 51.000m2.
Este novo bloque loxístico, situado nunha parcela de máis de
2
113.400 m , contará cunha superficie total de 14.000 m dedi-
2
cados integramente ao produto fresco, froito do compromiso
de Vegalsa-Eroski cunha alimentación baseada na calidade
e a proximidade, contribuíndo ademais a unha cadea de
subministración máis sostible. Terá capacidade para procesar
uns 223.000 palés de froita, 65.000 de chacinaría e 70.500 de
lácteos anuais ao comezo da súa actividade, con marxe de aumento da súa capacidade máxima, o que
supón un aumento de volume de palés do 13,4% respecto da actual plataforma no polígono coruñés. Unha
vez en marcha, as actuais plataformas loxísticas que a compañía ten na Coruña, no polígono da Grela e de
Pocomaco, dedicadas a estes produtos frescos, especializaranse só no aprovisionamento de carne, peixe e
reexpedicións, así como nos elaborados cárnicos, que servirán a toda a rede tendas.
Expoñemos o difícil papel dos produtores ante o
europarlamentario Adrián Vázquez
O 14 de decembro, aproveitando a rolda de encontros que o europarlamentario de Ciudadanos Adrián
Vázquez está celebrando con representantes do sector primario, reunímonos con el na sede de AGACA en
Lugo, co obxectivo de tratar diversas cuestións que están a afectar aos produtores galegos, entre outras: a
Reforma da PAC e a súa aplicación a través do Plan Estratéxico Nacional; a estratexia De la Granja a la Mesa,
concretamente no relativo ao etiquetado frontal nutricional, e a da última directiva sobre pesticidas; a crise
de prezos do sector lácteo; o etiquetado do mel; a revisión da normativa europea de Indicacións Xeográficas
Protexidas e a crise enerxética e o seu impacto no sector primario.
Vázquez é actualmente presidente da Comisión de Asuntos Xurídicos da Eurocámara. Igualmente, é membro
da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural e forma parte da Conferencia de Presidentes da Comi-
sión e da Delegación para as Relacións coa República Popular China do Parlamento Europeo.
Nº 156 Decembro 2021