Page 45 - revista agaca 156_web
P. 45
45
cooperatic
Protexendo WhatsApp
Moito temos falado xa do servizo de mensaxería WhatsApp: dende como manexar grupos e
listas de distribución ata como compartir fotos e coordenadas, pero nesta ocasión imos seguir
afondando nas solucións de seguridade: a verificación en 2 pasos (número PIN).
Ao instalar WhatsApp nun móbil, o aplicativo pediranos que introduzamos o noso número de teléfono e,
a continuación, enviará unha mensaxe tipo SMS cun código de verificación que debemos marcar para
confirmar que, efectivamente, nos corresponde a nós usar esa conta de WhatsApp.
Está pensado para garantir que outras persoas non poidan acceder ás nosas conversas abrindo a nosa
conta de WhatsApp no seu móbil. Con todo, o sistema non é infalible e alguén podería, por exemplo durante
un cambio de dispositivo, facerse coa nosa conta de mensaxería e as nosas conversas privadas simplemente
instalando WhatsApp no seu teléfono usando o noso número.
Para evitalo, a empresa habilitou a verificación en 2 pasos: ao instalar WhatsApp, ademais do código de
verificación deberemos introducir un PIN. Así se consegue:
En “Ajustes” pulsamos “Cuenta” e “Verificación en 2 pasos”. Tras aceptar debemos introducir (2 veces) un PIN
de 6 cifras e, se queremos, tamén un correo electrónico para poder recuperar ese PIN se o esquecemos.
Nº 156 Decembro 2021
Nº 156 Decembr o 2021