Page 41 - revista agaca 156_web
P. 41

41

                                                                                      mundo cooperativo

                                        I Foro Mulleres de Seu




               O 15 de outubro tivo lugar en Bertamiráns (Ames) o
               I Foro de Mulleres de Seu, a asociación de mulleres
               promovida pola cooperativa CLUN, baixo o lema «O
               liderado das mulleres no rural galego».

               O acto serviu como conmemoración do Día Internacional
               da Muller Rural e congregou a persoas socias de CLUN no
               Pazo da Peregrina, onde houbo, a maiores, unha mostra de
               entidades promovidas por mulleres.

               Comezou coa mesa de exposicións «Derrubando barreiras:
               novos escenarios para as mulleres no rural galego», onde
               Silvia Chaves, de Transportes Chaves, presentou o estudo
               A  muller  no  sector  transporte,  Belén  Rodríguez,  da  EFA
               Fonteboa, citou oportunidades de formación específica
               para  profesionalizar  o  traballo  da  muller  no  rural  e  Loli
               Couso, técnica de AGACA, contextualizou a igualdade na
               integración cooperativa. A continuación, a mesa «Con voz
               propia: experiencias de mulleres no desenvolvemento do
               rural galego» acolleu a María Castro, Rosa García e Mónica
               Landeira, socias de Mulleres de Seu, e ás emprendedoras
               Vanessa Chico e Idoia Cuesta.

               Por outra banda, na mostra, a cesteira Cuesta e a xoieira
               Susi Gesto mostraron os seus produtos, como  Toxogel
               (cosmética), Orballo (infusións) e Serán (encaixe).

               Houbo lugar tamén para as asociacións  Alecrín (de
               mulleres rurais de Melide) e Apetamcor (de transporte de
               mercadoría por estrada), Trenzarte (de artesanía en palla)
               e San Xoanciño (de alfombristas de flores) e a cooperativa
               Lutega (lúpulo).

               Carmen Rodríguez, vicepresidenta de CLUN e presidenta
               de Mulleres de Seu, lanzou unha mensaxe de optimismo
               «moi alta e moi clara: o medio rural coas mulleres ten futuro,
               aproveitando a potencialidade do noso territorio».

               Finalmente, María Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego
               e Igualdade, remarcou:  «Non podemos prescindir  na      María Jesús Lorenzana e Carmen Rodríguez percorreron a
               metade da nosa poboación que vive no 97% do territorio».                exposición.



















                                                                                                        Nº 156 Decembro 2021
   36   37   38   39   40   41   42   43   44   45   46