Page 12 - revista agaca 156_web
P. 12

12

               tendencias

                  As cooperativas, motor dunha recuperación


                           máis social, sostible e participativa
































                                                                                 Ana Olveira e Carmen Rodríguez
                                                                                    (presidentas de EspazoCoop
                                                                                    e AGACA , respectivamente)
                                                                                       asinaron a Declaración.










               AGACA e EspazoCoop - Unión de Cooperativas Galegas (quen integra a cooperativas galegas
               de traballo asociado, de ensino, de consumo etc.) somos dúas das principais agrupacións
               galegas do cooperativismo e, como tales, asumimos a tarefa de representar os intereses de
               milleiros de persoas, socios e socias de cooperativas que operan en todos os sectores produ-
               tivos e de servizos, dende o agro ata a educación.

               Pese á potencia económica e, sobre todo, social do cooperativismo, quedan ámbitos nos que o
               noso xeito de operar, poñendo á persoa como valor principal, non recibe toda a consideración,
               todo o espazo que debería, a ollos das institucións e entidades públicas e privadas.

               Grazas á potencia económica e, sobre todo, social do cooperativismo, sentímonos no deber
               de reclamar o espazo e consideración que nos corresponden, para o que presentamos, o 4 de
               novembro, a Declaración de Santiago de Compostela: un manifesto das fortalezas e recursos
               que o movemento cooperativo achega á sociedade pero tamén un listado de peticións a
               entidades e institucións, públicas e privadas, co propósito de lograr unha maior integración dos
               esforzos de todos cara ao efectivo desenvolvemento económico e social de Galicia.

               A continuación deixamos na súa integridade o texto.
   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17