Page 14 - revista agaca 156_web
P. 14

14

               tendencias





                 Por todo o mencionado é polo que a Unión de Cooperativas AGACA e a Unión de Cooperativas Espa-
                 zoCoop fan pública esta Declaración de Principios e solicitan das institucións e entidades, públicas e
                 privadas:


                 1.    Impulsar ás cooperativas a través de políticas públicas, plans e accións concretos e acceso aos
                       fondos especiais de financiamento, conxuntamente coas persoas e entidades que compoñen
                       este movemento. O proceso de deseño e formulación destas políticas públicas deberá levarse a
                       cabo en cooperación coas entidades do eido cooperativo, buscando a transversalidade para
                       mellorar a súa eficacia e impacto no sector e no conxunto da sociedade.

                 2.    Promover o modelo de desenvolvemento económico, social e ambiental que representa o coope-
                       rativismo, co obxectivo de consolidar no eido económico e empresarial a responsabilidade social
                       e ambiental e o bo goberno.


                 3.    Apoiar  a  xeración de  ecosistemas  favorables  ao  cooperativismo  e  á totalidade  da  economía
                       social mediante un traballo conxunto entre Administracións públicas e o propio sector, para desen-
                       volver marcos legais, plans e estratexias que aseguren e configuren as condicións normativas
                       adaptadas  ás  súas  particularidades  e  favorables  ao  seu  desenvolvemento.  Estas  adaptacións
                       normativas deberán manter a esencia e os principios que definen ao cooperativismo, de igual
                       forma que permitirán a adaptación e creación de novas tipoloxías cooperativas que posibiliten e
                       potencien iniciativas e servizos dirixidos a atender necesidades reais, nun contexto cambiante.

                 4.    Asegurar a existencia dun soporte financeiro axeitado para a consolidación dun cooperativismo
                       viable e sostible, incluíndo e fomentando o emprendemento e a consolidación das cooperativas,
                       mediante programas, proxectos e fondos europeos, estatais, autonómicos e/ou locais, favorecendo
                       a existencia dunha estrutura de financiamento axeitada. Garantir o acceso do cooperativismo






                                                María Jesús      Ana Olveira,
                                          Lorenzana, Conselleira   presidenta de
                                               de Emprego e      EspazoCoop.
                                                  Igualdade.
   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19