Page 11 - revista agaca 156_web
P. 11

11

                                                                                                  a fondo
                   A industria recoñece que os
                datos que lle das son certos, pero
                 eles non moven ficha mentres a
                       distribución non o fai.


                                     Carmen Piñón, ACO

               Sobre o futuro, indica: «Estamos intentando subir
               prezo do leite. Si é certo que as expectativas, en
               canto a provisións de materias primas e demais,
               están cubertas, pero con tempo limitado, o que
               nos indica tamén certa tensión e inestabilidade
               porque non sabemos con seguridade se o abas-
               tecemento vai ser real de aquí a que rematemos
               o prazo de previsión». En canto aos socios, Rodrí-
               guez afirma: «Si, é certo que están reclamando
               unha subida do prezo do leite, pero tamén son
               conscientes da situación que estamos vivindo                                   José Guardado,
               en tema de prezos de materias primas. Si, houbo                             Xallas-Santa Comba
               unha certa inquedanza bastante forte sobre se
               iban estar  provistos das provisión  e  intentamos
               darlles a certeza. Estamos moi pendentes das      lle repercute e, polo tanto, esperemos que esas
               alternativas que se nos vaian ofrecendo no        marxes se lle trasladen ao sector primario por
               mercado».                                         parte da industria e da distribución, que conside-
                                                                 ramos que é algo completamente necesario».
               A situación é parella en  Aira: «Vimos facendo,
               especialmente ao longo deste ano, un esforzo       Teñen que vir industrias aquí que
               de contención a nivel de suba dos prezos, en
               concreto do concentrado; de feito, creo que               fagan produtos con
               debemos subir, entorno á media do que subiu en               valor engadido.
               xeral o sector, a metade do que subiu: un esforzo
               importante nese sentido. A nivel de valorización                    José Calo, CAP Coruña
               no caso do leite, o que comercializamos e trans-
               formamos levamos subido un céntimo e medio,       José Guardado, presidente de Xallas – Santa
               facendo un esforzo na liña do que sempre dixeron   Comba (1300 socios), deixa unha nota optimista:
               os socios: que se traslade todo o valor da venda   «É certo que estamos nun momento moi compli-
               á produción».                                     cado para o negocio e a súa rendibilidade.  A
                                                                 cooperativa é unha ferramenta que teñen os
                A cooperativa é unha ferramenta                  socios para seren máis eficientes no seu traballo,
                                                                 para achegar valor ao seu produto e ser o recurso
                 que teñen os socios para seren                  que ten o socio para arreglar os seus problemas.
                           máis eficientes.                      Todo vai para ser máis eficientes no noso traballo,
                                                                 diminuír custos e intentar subir o prezo do leite».
                    José Guardado, Xallas-Santa Comba
                                                                 E José Calo fai un chamamento global: «Galicia
               Pola súa banda, Coafor mira adiante: «Cara ao     ten que pensar moito no sector lácteo. Estamos
               futuro,  estamos nunha  fase  de  pandemia  ou    a moitos quilómetros de distancia dos grandes
               post-pandemia e non sabemos ben. Hai moitas       centros  de  consumo;  levar  leite  líquida  a Anda-
               variables coma os mercados internacionais, o      lucía, a Cataluña, a Levante...iso é carísimo. Teñen
               petróleo, o tema eléctrico... que esperamos que   que vir industrias aquí que fagan produtos con
               dalgunha forma se normalicen, a pesar de que,     valor engadido e crear postos de traballo aquí,
               efectivamente, hai unha crise non só climática    onde realmente se produce o leite. Esperemos que
               senón tamén de recursos minerais, petróleo e      o conxunto da sociedade: políticos, empresas,
               demais. Esperamos que haxa unha estabiliza-       distribución e gandeiros sexamos capaces de
               ción. Pola contra, que haxa unha actualización    sentármonos e marcar unhas pautas».
               de prezos, porque iso ao consumidor si que se

                                                                                                        Nº 155 Decembro 2021
   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16