Page 7 - revista agaca 156_web
P. 7

7

                                                                                                  a fondo

 A gandería está en apuros                      Gandeiros e gandeiras de Galicia e cooperativas gandeiras enfrón-
                                                tanse nos vindeiros meses a unha profunda crise de sostibilidade
                                                económica e a unha dura proba para evitar o abandono das explo-
                                                tacións e o peche da actividade. A escalada de prezos das materias
                                                primas de alimentación animal, dos carburantes, da electricidade
                                                e dos fertilizantes colocan ao sector ante unha situación extrema-
                                                damente difícil que fai poñer en risco os esforzos e investimentos
                                                realizados por gandeiros e gandeiras. Estes movementos alcistas nos
                                                custos de produción parecen non ter fin a curto prazo.

                                                A propia Unión Europea (UE) recoñece que se está a producir un
                                                incremento do custo da enerxía dende 2015. Este ano, concretamente,
                                                o reporte do Estado da Enerxía na Unión indica: «Os prezos da enerxía
                                                variaron violentamente a medida que a economía se contraeu debido
                                                á Covid-19, e logo comezaron a recuperarse. Debido a combustibles
                                                máis baratos, demanda moderada e rápida xeración de fontes reno-
                                                vables, os prezos da electricidade a maioristas caeron drasticamente
                                                en 2019 e os prezos negativos xeralizáronse en 2020.

                                                Esta tendencia baixista volteou bruscamente: os prezos da electri-
                                                cidade a maioristas aumentaron un 230% anual, cun impacto máis
                                                moderado nos prezos minoristas ata setembro de 2021 (+11% de media
                                                na UE). Isto foi impulsado polo ascendente prezo do gas, que tivo un
                                                efecto no prezo da electricidade nove veces maior que o crecente
                                                prezo do carbón no mesmo período».

                                                  Estamos apoiando aos socios, axustando as
                                                             marxes todas ao máximo.

                                                                             Gerardo Canabal, Pico Sacro


                                                Ao sector agricultor correspondíalle un 4% dos subsidios ofrecidos pola
                                                UE en materia de enerxía entre 2019 – 2020; o 60% diríxíanse ao sector
                                                enerxético e o 12% á industria.

                                                Respecto dos pensos, como explicaba no anterior número desta revista
                                                o director de AGAFAC, Bruno Beade, as materias primas para elaborar
                                                os compostos sofren subidas de prezo que van dende o 30%,no caso
                                                da soia 46,5%, ata o 95% que subiu a manteca.


                                                 Debemos facer que se cumpra a Lei da cadea
   Presentación do Plan de Fomento da Intercoopera-                     de valor.
               ción no sector lácteo de Galicia.
                                                                                        Daniel Ferreiro, Aira

                                                En canto a outros insumos, o Índice de prezos agrarios pagados
                                                polos agricultores que compila o Ministerio de Agricultura, Pesca e
                                                Alimentación mostra unha suba constante na comparativa entre
                                                2019, 2020 e 2021 (neste ano só hai datos ata xullo), onde os produtos
                                                fitopatolóxicos pasan dunha media de 102,05 €/100kg en 2019 a
                                                104,35 €/100kg en 2021; os tratamentos zoosanitarios pasan de 103,46
                                                €/100kg a 105,04 €/100kg e os fertilizantes pasan de 96,85 €/100kg a
                                                99,4 €/100kg (prezos sen IVE).




                                                                                                        Nº 155 Decembro 2021
   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12