Page 15 - revista agaca 156_web
P. 15
15
tendencias
aos fondos europeos tanto de recuperación como de crecemento; ao tempo que traballar na
posta en valor e presenza dos principios e valores do cooperativismo, nas políticas públicas.
5. Reforzar o recoñecemento do cooperativismo como axente esencial para unha recuperación
sostible, igualitaria e xusta, xeneralizada e participativa da crise causada pola pandemia da
covid-19. En particular, apoiar a posta en marcha de iniciativas locais de sostemento favorables
a longo prazo, a transmisión de coñecementos e prácticas entre axentes do cooperativismo e
con outros axentes socioeconómicos. Compromiso coas cooperativas, nas que priman as persoas
fronte a outro tipo de consideracións, para que sexan axentes de cambio e beneficiarias reais do
mesmo.
6. Mellorar o nivel de coñecemento e relevancia pública de datos e estatísticas sobre as empresas e
entidades do cooperativismo que permitan coñecer as súas características, así como medir o seu
impacto, promovendo a cooperación entre o mundo académico, os centros de investigación e as
entidades e empresas da economía social.
7. Recoñecer ás cooperativas como ferramenta fundamental para salvagardar a sostibilidade
económica do sector primario, afrontar o reto medioambiental, a acción polo clima, a dixitali-
zación e evitar o despoboamento das zonas rurais en Galicia. O cooperativismo é unha a ferra-
menta clave para aplicar os cambios do modelo, mediante a xeración de valor no mercado e a
eficiencia produtiva. Esta panca de cambio susténtase nos servizos de asesoramento, produción e
acompañamento baseados no coñecemento do territorio e as persoas que forman os proxectos
conxugada coa innovación na produción de produtos bens e servizos.
8. Atender as necesidades que esixe un dos grandes retos aos que nos enfrontamos as cooperativas,
ao igual que o resto do tecido empresarial galego: o de dotarnos dunha maior dimensión para
poder participar dun mercado cada vez máis global, salvagardando a sostibilidade das nosas
organizacións e do noso entorno. E así o estamos a levar a cabo, sobre todo nos últimos anos, co
nacemento de novas realidades empresariais máis competitivas. Porén, este proceso debe ser
acompañado por parte de todos os poderes públicos non poñendo impedimentos aos mesmo,
nin xurídicos nin económicos, e facilitando que estas integracións se leven a cabo dun xeito seguro
e sen a perda de recursos.
10. Recoñecer ás cooperativas como entidades que favorecen a captación de recursos económicos
e a xustiza económica non só para as persoas que forman parte delas senón tamén para a
cidadanía. É por isto que avogamos por un modelo económico máis transparente onde a trazabi-
lidade na cadea alimentaria permita acadar o equilibrio necesario entre a produción e a venda,
garantindo que a xeración de valor e as melloras na rendibilidade se vexan incentivadas. Só este
ecosistema produtivo máis xusto pode atraer á mocidade a desenvolver o seu proxecto vital no
sector primario.
11. Fomentar a presenza do cooperativismo nas actividades educativas, formativas e de capacitación
profesional para a adquisición de competencias e a aprendizaxe ao longo da vida, ao tempo
que incluír o emprendemento cooperativo en todas as áreas de actividade, dentro dos plans de
estudo nas diferentes etapas educativas.
12. Promover o desenvolvemento e xestión participativa de actividades, mediante cooperativas, nas
políticas e proxectos relacionados coa internacionalización das empresas, a cooperación interna-
cional para o desenvolvemento e o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Nº 156 Decembro 2021