Page 47 - revista agaca 154_web
P. 47
47
novas
Reúnese a primeira Xunta Directiva de Nós, As Mulleres
O 16 de xullo tivo lugar de forma telemática a primeria reunión da xunta directiva de Nós, As mulleres, a
Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias, para valorar o labor desempeñado dende
o seu nacemento en 2019 e trazar as liñas a seguir nos vindeiros meses.
Entre as iniciativas desenvolvidas, cóntanse numerosos obradoiros de apoderamento e outras actividades
formativas. Entre as actividades cara as que se traballará atópase a organización de relatorios acerca de
conciliación familiar, enfocados a consellos reitores de cooperativas, ademais doutros onde se traten asuntos
coma violencia de xénero, ciberacoso na adolescencia.
Ademais, está previsto que a Asociación teña representación no Congreso de Emprendedoras CEG Talento
Empresarial en Femenino, que se celebrará o 17 de setembro en Compostela, a través da participación da
presidenta de Nós, As Mulleres, Dolores Calvo, no panel titulado Emprendimiento con nombre de mujer.
Delagro celebra a súa Asemblea Xeral e
supera os 200 millons de euros en 2020
A cooperativa de segundo grao DELAGRO
S. Coop. A. celebrou no Hotel Spa Attica
21, de Vilalba (Lugo) a súa Asemblea xeral
anual coa satisfacción de ter conseguido,
por primeira vez, superar a barreira dos 200
millóns de euros en volume de negocio,
batendo un récord histórico na entidade.
Logrouse, ademais, incrementar o volume
de vendas a pesar dos enormes desafíos
que supuxo a pandemia e das importantes
caídas que se rexistraron en determinadas
categorías coma os combustibles, pola
menor mobilidade da poboación.
Entre as novidades do día destacaron a renovación do Consello Reitor sen cambios na súa configuración, a
creación dun Comité de Risco vinculado ás transaccións económicas e a modificación dos Estatutos para
incluír a posibilidade de realizar asembleas vía telemática, nun futuro.
Asistiu un 56,52% das entidades socias (Delagro integra, en total, 23 cooperativas de primeiro e segundo grao),
configurando así o 83,3% do voto presente.
Delagro foi unha das primeiras cooperativas do país en desenvolver un protocolo de prevención para os seus
traballadores de oficinas, fábrica e comerciais, antes mesmo de que as autoridades sanitarias lexislasen sobre
este particular.
Nº 154 Agosto 2021

